InicioECONOMÍAO Concello retoma o contrato do transporte urbano tras o rexeitamento dos...

O Concello retoma o contrato do transporte urbano tras o rexeitamento dos recursos empresariais

O Concello poderá retomar o prazo de presentación de ofertas tras a suspensión cautelar acordada durante a tramitación

Publicado o

Xornal de Compostela

O proceso de licitación do novo contrato do servizo de autobús urbano de Santiago queda novamente en marcha despois de que o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (Tacgal) comunicase o rexeitamento dos cinco recursos presentados por empresas do sector contra os pregos municipais.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, informou este mércores da decisión do órgano autonómico a través dun audio remitido aos medios de comunicación. Segundo trasladou, “o Tacgal acábanos de comunicar o rexeitamento do cinco de recursos por empresas de transporte ao proceso de licitación. Ben por inadmisión ou por desestimación, o proceso continúa”.

A resolución supón que se levanta a paralización que afectaba á tramitación do contrato, que fora suspendida tras a admisión a trámite dos recursos e a imposición dunha medida cautelar. O Concello optara por deter tamén o prazo de presentación de ofertas “de forma prudente”, malia non estar obrigado legalmente a facelo, á espera da decisión definitiva do tribunal.

Coa comunicación do Tacgal, o executivo local poderá retomar o procedemento administrativo e reactivar o calendario para que as empresas interesadas presenten as súas propostas. O prazo inicial estaba fixado para o 9 de febreiro, aínda que polo momento non se fixeron públicos novos prazos tras a suspensión.

UN CONTRATO DE 128,5 MILLÓNS DE EUROS

O contrato do servizo de transporte urbano, cun orzamento estimado de 128,5 millóns de euros, foi presentado polo Goberno municipal o pasado mes de decembro. Trátase dunha das licitacións de maior contía económica do Concello, tanto polo volume do servizo como pola súa duración.

A rexedora xa sinalara anteriormente que a presentación de recursos en procedementos deste tipo é “habitual” en contratos de grande dimensión económica e técnica. Neste caso, as impugnacións afectaban aos pregos que regulan as condicións do servizo.

Entre as principais novidades previstas na nova concesión figuran a renovación da frota de autobuses, a actualización da aplicación móbil do servizo e unha modificación das tarifas, segundo o anunciado pola Administración local.

ÚLTIMAS

O Concello defende que baixa o número de animais en Bando e xustifica a suspensión da selección da dirección por unha dúbida legal

O Concello de Santiago respondeu ás críticas do Partido Popular sobre a situación do...

Patricia Iglesias evita aclarar se será candidata en Santiago: “Non son das que me anticipo”

A deputada socialista Patricia Iglesias volveu descartar este luns confirmar se optará a ser...

A Xunta de Goberno aproba obras no rural, subvencións de igualdade e a nova licitación das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, 8 de xuño, diferentes...

O comercio local de Santiago celebra o ‘Prima 2026’ con actividades familiares, música e unha ruleta de agasallos

O Concello de Santiago celebrará do xoves 11 ao sábado 13 de xuño unha...

O comercio local de Santiago celebra o ‘Prima 2026’ con actividades familiares, música e unha ruleta de agasallos

O Concello de Santiago celebrará do xoves 11 ao sábado 13 de xuño unha...

Santiago deberá acudir ao fondo estatal de pago a provedores con 7,79 millóns de euros financiables

O Concello de Santiago de Compostela terá que participar de maneira obrigatoria no fondo...

O turismo que enche Santiago non vén do Camiño: o 77 % dos visitantes non son peregrinos

O 77 % dos turistas que visitan Santiago non son peregrinos, fan un gasto...