InicioECONOMÍAO BNG esixe no Congreso a reposición inmediata dos trens convencionais entre...

O BNG esixe no Congreso a reposición inmediata dos trens convencionais entre Santiago e Vilagarcía

Néstor Rego reclama ao Goberno central explicacións e un calendario concreto para reabrir a liña suprimida tras as fortes chuvias

Publicado o

Xornal de Compostela

O Bloque Nacionalista Galego rexistrou iniciativas urxentes no Congreso dos Deputados para reclamar ao Goberno central que “rectifique” e “repoña de inmediato” os servizos ferroviarios convencionais entre Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa, interrompidos desde o pasado 6 de febreiro tras os episodios de precipitacións intensas.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, cualificou a situación de “inadmisible” e solicitou ao Executivo explicacións “claras” sobre as causas que levaron ao “peche” da liña convencional. Ademais, reclamou que se faga público un calendario “concreto” de reapertura.

Segundo trasladan os nacionalistas, o desvío dos trens rexionais pola liña de altas prestacións non dá resposta ás necesidades da veciñanza das estacións intermedias situadas na contorna compostelá e no eixo do Ulla. En concreto, mencionan as paradas de Matanza (Padrón), Pontecesures, Catoira e Osebe (Teo), que quedaron sen conexión ferroviaria directa coa capital galega.

Para o Bloque, esta alternativa “non se pode considerar válida”, ao entender que deixa sen servizo a usuarios habituais destas estacións. Tamén cuestionan a falta de información aos usuarios e sinalan “deficiencias” no plan alternativo por estrada habilitado mentres dure a suspensión do tráfico ferroviario.

Neste sentido, indican que se produciron atrasos na chegada dos autobuses, cancelacións puntuais e situacións nas que algúns usuarios tiveron que recorrer a taxis para completar os seus desprazamentos. Ademais, denuncian que durante dous días continuaron vendéndose billetes para un servizo que xa estaba suspendido, o que consideran “unha mostra máis da falta de coordinación e da desatención cara aos usuarios”.

Desde o BNG sosteñen que non resulta “xustificable” que ante previsións meteorolóxicas adversas a única resposta por parte das entidades responsables da infraestrutura e do servizo sexa a interrupción do tráfico ferroviario. Ao respecto, instan o Goberno a garantir unha revisión e inspección exhaustiva das vías, noiros e infraestruturas co obxectivo de manter a circulación mesmo en condicións de choiva intensa.

“O que debe facer o Goberno é garantir unha revisión e inspección exhaustiva das vías, noiros e infraestruturas que permita manter a circulación mesmo en condicións de choiva intensa, evitando desprendementos, caídas de árbores e acumulacións de auga que poidan supor un risco”, sinalou o deputado nacionalista.

A liña convencional entre Santiago e Vilagarcía constitúe unha das conexións empregadas por usuarios da comarca compostelá e do eixo do Ulla para desprazamentos diarios por motivos laborais, educativos e administrativos. A súa interrupción, segundo o BNG, está a ter impacto directo na mobilidade da veciñanza, polo que demandan unha solución que restitúa o servizo nas condicións previas ao 6 de febreiro.

ÚLTIMAS

Santiago prevé iniciar en 2027 o reparto de mercadorías mediante a plataforma loxística da cidade histórica

O Concello de Santiago de Compostela prevé que a nova plataforma loxística de distribución...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

Mar Lorenzo é reelixida decana de Ciencias da Educación da USC para os próximos seis anos

A Facultade de Ciencias da Educación da USC continuará baixo a dirección de Mar...

Detida unha veciña do Milladoiro por estafar presuntamente varias persoas co alugueiro dun piso que non podía subarrendar

A Garda Civil detivo unha muller residente no Milladoiro como presunta responsable dun delito...

O VIII Congreso Internacional Aeroespacial reúne en Santiago a máis de 200 representantes do sector

O VIII Congreso Internacional Aeroespacial (CIAG) reuniu no Palacio de Congresos de Santiago de...

O Concello aproba a rehabilitación do Palacete do Espiño por 1,2 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns, 26 de...

Rosa Crujeiras reclama medidas para garantir o acceso á vivenda do estudantado universitario

A reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, reclamou que se adopten...