InicioECONOMÍACarlos Cuerpo ofrecerá unha charla ao alumnado de Económicas da USC o...

Carlos Cuerpo ofrecerá unha charla ao alumnado de Económicas da USC o 4 de febreiro

O ministro de Economía participará nunha sesión da Aula Profesional Ecoade dirixida a estudantes de grao e máster

Publicado o

Xornal de Compostela

O ministro de Economía, Comercio e Empresa, Carlos Cuerpo, visitará a Universidade de Santiago de Compostela o vindeiro mércores, 4 de febreiro, para impartir unha charla dirixida ao alumnado da Facultade de Ciencias Económicas.

A sesión celebrarase a partir das 11:30, na Aula A, baixo o título ‘Aprendendo dás empresas e institucións’, e enmárcase na Aula Profesional Ecoade, unha iniciativa que cada curso promove actividades formativas complementarias para os estudantes dos títulos oficiais de grao e máster que se imparten no centro.

A presenza do ministro na facultade compostelá foi valorada positivamente desde o ámbito académico. O director do Foro Económico de Galicia e profesor da USC, Santiago Lago, amosouse “encantado” coa visita e subliñou o interese da actividade para a comunidade universitaria.

“Unha experiencia enriquecedora para os nosos estudantes e un recoñecemento ao traballo que se desenvolve no centro”, afirmou Lago a través das redes sociais, destacando a oportunidade de achegar ao alumnado a visión directa das empresas e das institucións desde a experiencia dun responsable político de primeiro nivel.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Santiago anuncia unha plataforma elevada no cruzamento do Hórreo con Gómez Ulla para priorizar ao peón

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou este mércores nunha visita ás obras do...

O Obradoiro incorpora a Travis Munnings para reforzar o xogo exterior

O equipo compostelano continúa a traballar na configuración da súa plantilla coa incorporación de...

As non adscritas propoñen crear un programa municipal estable de saúde mental en Santiago

Os edís non adscritos no Concello de Santiago presentaron este mércores unha proposta para...

O centro de saúde de Conxo queda sen atención pediátrica diaria dende o 20 de xaneiro

O centro de saúde de Conxo, en Santiago de Compostela, permanece sen atención pediátrica...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A USC e a Real Academia Galega de Ciencias renden homenaxe a José Antonio Redondo López nun acto ‘in memoriam’

A Real Academia Galega de Ciencias e a Universidade de Santiago de Compostela celebraron...