InicioECONOMÍALouzao defende que o proxecto de orzamentos municipais está avalado por informes...

Louzao defende que o proxecto de orzamentos municipais está avalado por informes técnicos

A portavoz do goberno local rexeita que as previsións sexan caprichosas e abre a porta a negociar coas concelleiras non adscritas para acadar un acordo

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz municipal do goberno local de Santiago, Míriam Louzao, asegurou este venres que o proxecto de orzamentos municipais presentado polo executivo está sustentado en criterios técnicos e non responde a decisións arbitrarias. Así o manifestou tras as críticas formuladas polo PSOE e polas concelleiras non adscritas, cuxo apoio resulta necesario para a aprobación das contas.

En declaracións aos medios, Louzao subliñou que as previsións de ingresos e gastos incluídas no documento foron elaboradas con base en informes profesionais. “Non son decisións caprichosas do grupo de goberno”, afirmou, en referencia ás dúbidas expresadas sobre algunhas partidas concretas.

Un dos puntos máis cuestionados polos grupos da oposición foi a estimación dun incremento do 173% nos ingresos procedentes de multas de tráfico, unha cifra posta en cuestión polas concelleiras non adscritas ao longo desta semana. Preguntada ao respecto, a portavoz municipal amosou disposición ao diálogo coas catro edilas para tratar de pechar un acordo que permita sacar adiante os orzamentos.

Louzao indicou que o goberno está aberto a escoitar propostas, aínda que defendeu a coherencia global do proxecto. Segundo explicou, calquera modificación nunha previsión concreta obrigaría a revisar outras partidas, ao tratarse dun documento equilibrado entre ingresos e gastos. “Se se cambia un dato, hai que modificar outros, polo que falaremos con elas para que fagan unha proposta se así o consideran”, apuntou.

A portavoz tamén sinalou que o executivo municipal está a facilitar todos os informes solicitados polos grupos, co obxectivo de que dispoñan da información necesaria para avaliar o proxecto. Algúns destes documentos, segundo precisou, xa estaban previstos para seren incorporados ás contas municipais.

Por último, Louzao reiterou a vontade do goberno de manter con discreción as reunións previstas tanto co PSOE como coas concelleiras non adscritas. A xuízo do executivo, preservar o carácter interno destes encontros, tanto no que respecta ás datas como aos contidos, é a mellor vía para avanzar nas negociacións. “Parécenos a forma óptima de chegar a un acordo, que é o obxectivo que nos puxemos”, concluíu.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...