InicioECONOMÍAO Concello distingue sete empresas nos IV Premios de Excelencia Empresarial

O Concello distingue sete empresas nos IV Premios de Excelencia Empresarial

Balidea, Design Thinkers & Makers, Itelsis, Numax, Entrelampo, Feitoría Verde e 7H reciben os recoñecementos municipais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago entregou esta tarde no Pazo de Raxoi os IV Premios de Excelencia Empresarial, uns galardóns promovidos polo departamento de Promoción Económica para destacar iniciativas locais comprometidas coas boas prácticas e co desenvolvemento sostible. O acto estivo presidido pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e pola tenenta de alcaldesa, María Rozas, quen subliñaron o papel destas empresas na vida económica e social da cidade.

A rexedora destacou que o Concello quere recoñecer proxectos que van máis alá do éxito económico inmediato. Segundo afirmou, estes premios poñen en valor “mellorar as vidas das familias, o respecto polo territorio e a xustiza social”, e reivindican un modelo no que o avance económico se faga desde a responsabilidade e o compromiso co lugar no que se traballa. A alcaldesa agradeceu que as empresas compostelás aposten pola excelencia “non como escaparate, senón como forma de estar no mundo”, e puxo o foco na capacidade do tecido empresarial local para contribuír ao ben común.

Pola súa parte, María Rozas salientou que esta convocatoria evidencia “o Santiago do que nos sentimos orgullosas”: unha cidade que conta con iniciativas de economía social, emprendemento con impacto e proxectos innovadores que procuran unha mellora colectiva. Remarcou tamén que as empresas distinguidas “amosan o potencial dunha Compostela diversa no plano económico”, un contexto no que o Concello se compromete a seguir acompañando e reforzando o tecido produtivo.

Os premios, dotados con 6.000 euros por cada categoría e acompañados de tres mencións especiais de 2.000 euros, recoñecen boas prácticas en ámbitos como a conciliación, a sustentabilidade, a innovación, a economía social ou a comercialización cultural.

Balidea Consulting & Programming foi distinguida na categoría de conciliación laboral e familiar. En economía circular, o premio recaeu en Design Thinkers & Makers, mentres que Graciela Castro Bea (‘Chichalovers’) recibiu unha mención especial. A empresa Itelsis resultou galardoada polo seu labor en innovación e ciencia aplicadas ao modelo de negocio. No ámbito da comercialización de produtos e servizos culturais, o recoñecemento foi para a cooperativa Numax, e Irimia Fernández (‘Brazolinda’) recibiu unha mención. En economía social, a distinción principal foi para Entrelampo, acompañada dunha mención para a cooperativa 7H. Finalmente, Feitoría Verde obtivo o premio correspondente ás boas prácticas nos retos da Axenda Urbana 2030.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Concello prepara a xustificación técnica para evitar a perda de fondos europeos no proxecto ‘Entre Sar e Sarela’

O Concello de Santiago confirmou que os seus servizos técnicos, xunto coa Universidade de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here