InicioECONOMÍAA alcaldesa confía en someter a taxa do lixo ao pleno de...

A alcaldesa confía en someter a taxa do lixo ao pleno de decebro tras recibir achegas do PSOE e das non adscritas

Sanmartín di estar á espera de propostas para pechar un acordo que permita aprobar a modificación tributaria

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, trasladou este mércores que o Goberno local mantén como horizonte o próximo pleno municipal para elevar a proposta de modificación da taxa do lixo, aínda pendente de negociación co PSOE e co grupo das concelleiras non adscritas. Segundo explicou, o Executivo está “á espera de que poida haber un feedback” por parte destes grupos para incorporar achegas ou suxestións que permitan alcanzar un acordo suficiente para a súa aprobación.

Sanmartín apuntou que xa mantivo contactos previos co resto da corporación, pero que estes solicitaron tempo adicional para fixar unha posición común. “Necesitan un tempo para poder chegar a un acordo e estamos dispostos a dar ese tempo”, indicou, confiando en que a proposta poida quedar lista para ser sometida a debate e votación na próxima sesión ordinaria.

A rexedora lembrou que a actualización da taxa é unha obrigación marcada pola normativa vixente, ao tempo que considerou imprescindible adecuar o tributo ao incremento de custos derivado do ‘taxazo’ de Sogama, que segundo subliñou ten “conclusións económicas importantes” para o Concello. O Goberno municipal mantén así aberto o diálogo político, á espera das aportacións que poidan trasladar PSOE e non adscritas para desbloquear a tramitación.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Concello prepara a xustificación técnica para evitar a perda de fondos europeos no proxecto ‘Entre Sar e Sarela’

O Concello de Santiago confirmou que os seus servizos técnicos, xunto coa Universidade de...