InicioPOLÍTICASanmartín defende un aumento do 20% na hora extra e empraza a...

Sanmartín defende un aumento do 20% na hora extra e empraza a policía e bombeiros a negociar

A proposta do Goberno local ascende a 3,69 euros máis por hora extra ordinaria e 6,45 euros nas nocturnas e festivas

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, defendeu a proposta do Goberno local aos sindicatos de bombeiros e policías, que inclúe un aumento do 20% do prezo da hora extra. A rexedora fixo un chamamento para que acudan á reunión convocada para este xoves.

As súas declaracións prodúcense despois de que Comisións Obreiras (CC.OO) anunciase que non asistiría ao encontro, por considerar a proposta “irrisoria e insuficiente”, alegando que a suba da hora extraordinaria só superaría nun céntimo a da ordinaria. Sanmartín cualificou esta actitude como a mellor forma de negociar e insistiu en que o incremento é relevante: “Unha subida de 3,69 euros na hora extraordinaria e de 6,45 euros na hora extra nocturna e festiva”.

A mandataria lembrou que a proposta do Goberno local non só se centra nas horas extra, senón que tamén contempla outros temas como o complemento específico, e debe ser valorada “en conxunto”. Sanmartín reiterou a “vontade” do Goberno local de “chegar a un entendemento e a un consenso”, pero subliñou que o lugar para facelo é “sentado nunha mesa de traballo”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Concello prepara a xustificación técnica para evitar a perda de fondos europeos no proxecto ‘Entre Sar e Sarela’

O Concello de Santiago confirmou que os seus servizos técnicos, xunto coa Universidade de...