InicioECONOMÍAO Concello de Santiago defende a taxa turística fronte ás críticas de...

O Concello de Santiago defende a taxa turística fronte ás críticas de Unión Hoteleira e reafirma o seu compromiso co diálogo

Míriam Louzao nega que a ordenanza sexa inxusta ou precipitada e mantén a confianza na súa aprobación definitiva no pleno

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, saíu este mércores ao paso das críticas lanzadas pola Unión Hoteleira de Compostela (UHC) contra a implantación da taxa turística, cualificada polo colectivo como unha medida “inxusta”, “mal deseñada” e “precipitada”. A edila negou en rolda de prensa todas estas acusacións e asegurou que o proceso estivo acompañado de diálogo, planificación e vontade de consenso desde o inicio do mandato.

“Non é certo que non houbese diálogo, nin que se trate dunha decisión precipitada ou sen planificación. Tampouco é certo que non se atenderan as demandas do sector ou que sexa un imposto inxusto”, afirmou Louzao. A responsable de Turismo reiterou que a ordenanza foi negociada cos grupos municipais que a apoiaron na primeira votación en maio –BNG, Compostela Aberta, PSOE e concelleiros non adscritos, mentres que o PP se abstivo– e que continúa mantendo conversas coa corporación para garantir a súa aprobación definitiva.

A ordenanza someterase a votación no pleno municipal deste xoves, e desde o executivo local confían en manter os apoios que xa permitiron o seu visto e prace inicial. “Entendo que non vai haber ningún problema”, asegurou Louzao.

En relación ás críticas do sector hoteleiro polo destino da recadación, a concelleira aclarou que a lei establece que o 80% dos fondos deben dedicarse a políticas de turismo sustentable, sen que sexa obrigatorio detallar usos concretos na ordenanza. Estes destinaranse de forma anual segundo as decisións do Foro de Turismo Sustentable, órgano que se debe constituír nos seis meses posteriores á entrada en vigor da taxa, prevista para o 1 de outubro. Este foi un dos últimos cambios introducidos na norma, xunto co propio calendario de implantación.

O Foro, que substitúe ao antigo Consello Municipal de Turismo, será o encargado de facer o seguimento dos ingresos e investimentos derivados da taxa, respondendo así ás esixencias de transparencia formuladas tanto polo sector como por parte do PP, que vinculou o seu voto a unha maior claridade sobre este aspecto.

Preguntada polas críticas vertidas polo PSOE local, Louzao respondeu que “non ten sentido” que se atribúan o adiamento da entrada en vigor da taxa e, ao mesmo tempo, acusen o goberno de falta de dilixencia. As declaracións do secretario xeral socialista en Santiago, Aitor Bouza, comparaban o ritmo do executivo de Goretti Sanmartín co da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que xa conseguiu a publicación oficial da declaración de zona tensionada na súa cidade. Bouza destacou que o goberno coruñés actúa “con menos pompa e artificio, pero con máis dilixencia e precisión”.

Desde o goberno municipal compostelán, con todo, insisten en que o procedemento foi sólido e transparente, con axustes técnicos e prazos xustificados. Louzao reafirmou que a taxa turística supón unha ferramenta útil para redistribuír o impacto do turismo e reforzar políticas de sustentabilidade, ao tempo que asegurou manter abertos os canais de diálogo cos sectores implicados.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

A Fundación Juana de Vega organiza unhas xornadas para analizar o legado de Adam Smith e os 40 anos de España na UE

A Fundación Juana de Vega, a través da Cátedra Juana de Vega da USC,...

A Xunta inviste máis de 12 millóns na modernización de centros educativos de Santiago

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, cifrou en máis de...