InicioECONOMÍAA Xunta dá luz verde ambiental a un campamento de turismo na...

A Xunta dá luz verde ambiental a un campamento de turismo na parroquia de Figueiras, en Santiago de Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta deu luz verde ambiental ao proxecto para construír un campamento de turismo no lugar de Marmancou, na parroquia de Santa María de Figueiras, no concello de Santiago de Compostela. O fin do promotor é mellorar e adecuar a oferta de aloxamento ás esixencias de demanda turística existente no municipio.

Segundo se conclúe no Informe de Impacto Ambiental (IIA) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e publicado este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG), non son previsibles efectos adversos significativos derivados do proxecto, sempre que se cumpra cos condicionantes fixados tanto no documento ambiental como nos informes analizados, así como no programa de vixilancia ambiental deseñado.

Neste sentido, o informe foi elaborado no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada desta iniciativa empresarial, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública, sen que se recibise ningún escrito ou alegación ao respecto, á vez que foron consultados un total de nove organismos interesados.

Por mor destas consultas, a maioría realizaron a valoración correspondente e estableceron condicionantes que se engaden aos incluídos no propio programa de vixilancia ambiental que recolle a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sustentabilidade. Neste sentido, esas avaliacións consideran que o proxecto non vai ter impactos significativos nos distintos ámbitos analizados e que sería viable a súa posta en marcha sempre que se cumpra con certos condicionantes establecidos nos seus respectivos informes con relación a aspectos tales como a protección da atmosfera, poboación e saúde, augas e leitos fluviais, chan e infraestruturas ou xestión de residuos.

Proxecto nunha parcela de 15.300 metros

A instalación localizarase nunha parcela de preto de 15.300 metros cadrados e consistirá nun complexo formado por 19 cabanas permanentes illadas e lixeiras, unha cabana de recepción e administración, dúas zonas de aparcadoiro, unha zona de lecer e unha zona verde. As cabanas para uso turístico e a de recepción terán a mesma superficie, 55 metros cadrados cada unha, o espazo acondicionado como área de lecer superará os 1.300 metros cadrados, as zonas de estacionamento de vehículos roldan os 260 metros cadrados e as áreas verdes superarán os 4.600 metros cadrados.

Promovida por Urbanizadora Landeira SL, a iniciativa busca ampliar a oferta turística do concello de Santiago de Compostela pondo a disposición dos interesados unha nova opción de aloxamento mediante a construción destas pequenas edificacións prefabricadas, illadas, de planta baixa e con cubertas a unha soa auga, instaladas de forma dispersa na parcela a modo de colonia.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

A Fundación Juana de Vega organiza unhas xornadas para analizar o legado de Adam Smith e os 40 anos de España na UE

A Fundación Juana de Vega, a través da Cátedra Juana de Vega da USC,...

A Xunta inviste máis de 12 millóns na modernización de centros educativos de Santiago

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, cifrou en máis de...