O Concello de Santiago anunciou que está a traballar en “as actuacións previas para incluír outro seis edificios en ruínas no Rexistro de Soares”, xa que “a folla de ruta de Raxoi –en relación co deber de conservación e rehabilitación– mantense”.
Así o trasladou o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, este xoves en declaracións aos medios previas á segunda reunión da mesa sectorial de vivenda. Este anuncio chegou tras a paralización da venda forzosa de tres inmobles inscritos no Rexistro de Soares aprobada polo goberno local o pasado 10 de marzo.
Ante isto, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín anunciou que o Concello prevé recorrer o auto porque considera que hai “elementos suficientes” para o proceso “siga adiante”.
Pola súa banda, Lestegás lembrou que o tres edificios foron declarados en ruína en 2010, sendo incluídos un ano despois no rexistro correspondente. Así, continuou, en 2013 o xulgado lle dió a razón ao Concello nesta inclusión, polo que o Partido Popular “non fixo nada” e o “expediente caducou”, deixando que os edificios seguisen abandonados.
Nesta liña, en 2024, apuntou, Raxoi declarou o incumprimento do deber de conservación e rehabilitación, o que implica a venda forzosa, segundo a Lei do Solo de Galicia. Lestegás, concluíu que os propietarios tiveron “moitos anos” para rehabilitar os edficios.