InicioECONOMÍA"Fresas de Huelva", gratis no Obradoiro para concienciar contra as que chegan...

“Fresas de Huelva”, gratis no Obradoiro para concienciar contra as que chegan de Marrocos

Entregan un total de 2.000 tarrinas desta froita para defendar a súa produción con "rendas dignas"

Publicado o

Xornal de Compostela

A segunda edición da campaña ‘#YoComoFresasDeHuelva‘ terminou este mércores na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, para repartir 2.000 tarrinas de amorodos e outras 2.000 de arandos —como novidade deste ano— e defender a produción desta froita, para que se realice nas condicións laborais e ambientais adecuadas.

O secretario xeral de Unións Agrarias-UPA (Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros), Roberto García, realizou ante os medios “unha clara chamada ao consumidor“, que cualificou de “colaborador imprescindible” dos produtores. Deste xeito, convidouno a que, á hora de ir comprar, “mire algo máis que a etiqueta do prezo”: o lugar no que se produciu os alimentos e os controis de seguridade e medioambentales empregados.

“Cando se compite en desigualdade de condicións e imos só buscando prezos, o que diminuímos son as garantías económicas, sociais, do que se lle paga aos traballadores“, aseverou García.

Aínda que a campaña realizouse en 2024 por primeira vez pola detección de hepatite A en amorodos procedentes de Marrocos, persegue precisamente “pór en valor o traballo de miles de agricultores e agricultoras”, tal e como trasladou Manuel Piedra, secretario xeral de UPA Huelva. “Que sería de nós sen nós?”, expresou.

Tras parar en Madrid, Valladolid, León, Bilbao, Albacete, Granada, Málaga, Zaragoza e Sevilla, a campaña chegou a Compostela para lembrar como se debe para comer un amorodo. Piedra realizou unha demostración ante o público do Obradoiro: córtase o rabo e cómese empezando pola parte máis ancha para deixar de última a punta, que acumula todo o azucre da froita.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

A Fundación Juana de Vega organiza unhas xornadas para analizar o legado de Adam Smith e os 40 anos de España na UE

A Fundación Juana de Vega, a través da Cátedra Juana de Vega da USC,...

A Xunta inviste máis de 12 millóns na modernización de centros educativos de Santiago

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, cifrou en máis de...