InicioECONOMÍARaxoi asegura coñecer as demandas do persoal de Urbaser, pero aclara que...

Raxoi asegura coñecer as demandas do persoal de Urbaser, pero aclara que non está na súa man resolvelas

Persoal da empresa de recollida do lixo de Santiago concentrarase este mércores pola negociación do convenio

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz do Goberno local, Míriam Louzao, asegurou que o Concello “axudará a resolver” conflitos como o do persoal de Urbaser coa empresa, polo que este mércores se concentrarán diante do Pazo de Raxoi, aínda que aclarou que “non está en man” do consistorio resolver propiamente as demandas. Preguntada a este respecto este luns en rolda de prensa, a concelleira trasladou que o edil de Sustentabilidade Ambiental e Servizos Básicos “coñece as demandas de persoal e reunirase coa representación sindical cando o soliciten”.

“O Concello, na medida en que poida, axudará a resolver este tipo de conflitos polo ben do servizo público e polo ben da cidadanía”, subliñou Louzao. Con todo, desmarcou ao consistorio na toma de decisións respecto das condicións relacionadas cos traballadores, que critican unha paralización da negociación do convenio colectivo. “Son cuestións que teñen que tratar os traballadores coa empresa”, remarcou.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A USC e a Real Academia Galega de Ciencias renden homenaxe a José Antonio Redondo López nun acto ‘in memoriam’

A Real Academia Galega de Ciencias e a Universidade de Santiago de Compostela celebraron...