InicioECONOMÍAGoretti Sanmartín critica o aumento do 10% no financiamento do Estatuto de...

Goretti Sanmartín critica o aumento do 10% no financiamento do Estatuto de Capitalidade para Santiago

A alcaldesa considera "decepcionante" a subida prevista nos orzamentos de 2025, mentres a Xunta defende o esforzo financeiro realizado

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, cualificou de “decepcionante” o aumento do 10% no financiamento do Estatuto de Capitalidade recollido nos orzamentos de 2025, o que supón uns 250.000 euros máis, deixando a contía final en 2,6 millóns de euros. Sanmartín afirmou que esta cifra non cumpre coas expectativas para a capital galega: “Non podemos deixar de valorar esta cifra como decepcionante para Santiago de Compostela”, indicou, lamentando que o presidente da Xunta non estea a cumprir coas súas promesas.

A alcaldesa tamén lembrou que Santiago é “a cidade que menos recibe por este concepto en todo o Estado español” e subliñou que, a pesar do aumento, a cifra segue por baixo dos 3 millóns de euros que a cidade chegou a percibir noutros anos. Ademais, Sanmartín recordou o compromiso do presidente autonómico de convocar o Consello de Capitalidade para revisar as cifras de financiamento.

Pola súa banda, o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, defendeu que a Xunta realizou un “esforzo importante”, destacando que o 10% de aumento no Estatuto de Capitalidade supera a subida do gasto non financeiro dos orzamentos, que será do 2,6%. Ademais, Corgos mencionou que se suman outras partidas como a destinada ao Consorcio de Santiago, que tamén experimenta un aumento do 10%, alcanzando os 3,2 millóns de euros.

O conselleiro engadiu que Santiago tamén se beneficia de fondos como o Fondo de Cooperación Local, o canon de Sogama e o IBI que cobra á Xunta, o que eleva o total das partidas incondicionadas para a cidade a máis de 12 millóns de euros. Corgos tamén avanzou que traballará para convocar o Consello de Capitalidade unha vez se complete o trámite dos orzamentos.

ÚLTIMAS

As Tanxugueiras enchen a Quintana no día grande das Festas da Ascensión

Tanxugueiras protagonizaron este xoves 29 de maio o momento máis esperado do día grande...

(VÍDEO) A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha vez máis que o sistema de buzón para consultas vulnera a normativa sanitaria

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, con sede en Santiago de Compostela,...

Santiago acolle a reunión europea de liderado en física moza con participantes de máis de 20 países

A cidade de Santiago será o escenario da 13th Young Minds Leadership Meeting, un...

Inaugurada a exposición ‘Unha ollada sobre Palestina’ no centro sociocultural de Conxo, con 22 fotografías de Gaza

A Plataforma Compostela por Palestina, en colaboración co Concello de Santiago, inaugurou este venres...

O Concello activa 18 obras para mellorar a accesibilidade e anuncia o corte da Ponte do Sarela en xuño

O Concello de Santiago de Compostela ten en marcha 18 actuacións repartidas por todo...

Goretti Sanmartín defende un novo modelo económico baseado no benestar e a sustentabilidade

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, reivindicou o papel do seu goberno...

Santiago inclúe aos propietarios de máis de cinco inmobles na declaración de zona de vivenda tensionada

Santiago oficializou este luns a petición á Xunta para declarar a cidade como zona de...