InicioSANTIAGOAMESO pavillón de Bertamiráns acolle o primeiro derbi galego de fútbol sala...

O pavillón de Bertamiráns acolle o primeiro derbi galego de fútbol sala entre Noia e Burela

O encontro celebrarase este sábado, 7 de setembro, e será a primeira vez que ambos equipos compitan na máxima categoría nacional

Publicado o

Xornal de Compostela

Este sábado, 7 de setembro, o pavillón municipal de Bertamiráns converterase no epicentro do fútbol sala galego coa celebración do primeiro derbi galego da máxima categoría nacional entre o Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burela. O partido, organizado polo Fútbol Club Meigas en colaboración co Concello de Ames, comezará ás 19:00 horas e será unha cita inédita, xa que é a primeira vez que estes dous equipos se enfrontan na primeira división do fútbol sala masculino.

O Noia Portus Apostoli afronta a súa terceira tempada consecutiva na máxima categoría, mentres que o Pescados Rubén Burela regresa tras o ascenso conseguido a tempada pasada. Este partido non só será un duelo entre os dous únicos equipos galegos da primeira división, senón tamén unha oportunidade para promover o fútbol sala na comarca.

A concelleira de Deportes de Ames, Susana Señorís, animou á veciñanza a asistir ao encontro, destacando que será unha oportunidade para “gozar do mellor fútbol sala masculino galego“. Pola súa parte, a presidenta do FC Meigas, Paola Vignolo, explicou que o obxectivo do partido é “promocionar o fútbol sala en Ames” e dar visibilidade a este deporte, aproveitando o éxito do equipo feminino do club, que compite na segunda división nacional.

Ademais, o FC Meigas, tras gañar a súa eliminatoria na Copa Galicia, enfrontarase o 1 de outubro ao Pescados Rubén Burela FS en cuartos de final, nunha cita histórica para o equipo amesán que terá lugar tamén no pavillón de Bertamiráns.

ÚLTIMAS

‘Modo galego, actívao!’, recoñecido co Premio Mil Primaveras polo seu labor nos centros educativos de Ames

O proxecto 'Modo galego, actívao!', desenvolvido desde 2021 polo Concello de Ames, a Real...

Compostela ofrece un intenso fin de semana de cultura, lecer e deporte na rúa

A cidade de Santiago de Compostela vive esta fin de semana unha ampla programación...

Aitor Bouza revalida a Secretaría Xeral do PSOE compostelán e aposta por un proxecto renovado e interxeracional

O recentemente reelixido secretario xeral do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela, Aitor Bouza, agradeceu...

Avante LGBT+ lanza a súa programación do Orgullo en Santiago cunha homenaxe a Xosé Vizoso

A asociación Avante LGBT+ presentou este venres a súa programación para o mes do...

O BNG de Ames acusa o alcalde de vulnerar o regulamento do Pleno municipal

O grupo municipal do BNG de Ames vén de denunciar publicamente o que considera...

Álvaro Muñoz recolle o MVP Estrella Galicia como mellor xogador da tempada

O capitán do Monbus Obradoiro, Álvaro Muñoz, recolleu esta semana o premio MVP Estrella...

Pedro Blanco comprométese en Ames coa transformación urbana e eloxia os investimentos estatais

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou este martes o concello de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here