InicioDEPORTESA deportista do Milladoiro Olivia Parga gaña o ouro na Liga Galega...

A deportista do Milladoiro Olivia Parga gaña o ouro na Liga Galega de Karate

Parga destacou tamén no Campionato de España e na Liga Mundial de Karate

Publicado o

Xornal de Compostela

O pasado sábado, 11 de maio, celebrouse en Ribadavia a cuarta xornada da Liga Galega de Karate. Nesta cita, a deportista amesá Olivia Parga obtivo a medalla de ouro na categoría kumite xuvenil.

Ademais, a deportistas do Milladoiro desprazouse ata A Coruña para participar na Karate 1 Youth League, a liga mundial de karate.

Recentemente participou tamén no Campionato de España de Karate celebrado en Guadalaxara, no que obtivo a medalla de bronce en kumite xuvenil en 37 kg, sendo unha das tres deportistas que alcanzou o metal de toda Galicia.

Parga, que actualmente ocupa o cuarto posto no ranking nacional, conseguiu no pasado mes de febreiro a medalla de ouro na I xornada da Liga Nacional celebrada en Ávila. Nos últimos tres anos foi campioa galega en kumite xuvenil.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago recoñecerá o talento deportivo local na VIII Gala do Deporte o 24 de marzo no Auditorio de Galicia

O Concello celebrou este xoves a presentación da VIII Gala do Deporte, un acto...

A carreira ‘Os 10.000 Peregrinos’ volverá encher de atletas as rúas de Santiago o 22 de marzo

A carreira ‘Os 10.000 Peregrinos’ encherá de atletas as rúas de Santiago de Compostela...

E-motion logra un pleno de podios no seu debut interautonómico en Madrid

A escola de baile e acrobacia E-motion, con sede en Bertamiráns, estreouse este domingo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here