InicioDEPORTESA carreira ‘Os 10.000 Peregrinos’ volverá encher de atletas as rúas de...

A carreira ‘Os 10.000 Peregrinos’ volverá encher de atletas as rúas de Santiago o 22 de marzo

A proba deportiva, que espera superar os 3.000 participantes, incorpora este ano a modalidade ‘2K sen barreiras’ para abrir a participación a todo o público

Publicado o

Xornal de Compostela

A carreira ‘Os 10.000 Peregrinos’ encherá de atletas as rúas de Santiago de Compostela o próximo 22 de marzo, nunha cuarta edición que contará con distancias adaptadas ás diferentes capacidades dos corredores. A iniciativa está organizada pola Deputación da Coruña en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e o Concello de Santiago, e foi presentada este xoves no Hostal dos Reis Católicos polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso; o presidente da Federación, Iván Sanmartín; e a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro.

Durante o acto, conducido polo xornalista Terio Carrera, explicaron que aínda quedan dez días para pechar o prazo de inscrición, e que todo apunta a que se superarán os 3.000 participantes. Sanmartín destacou que se trata dunha proba na que “conflúen atletas de primeiro nivel con atletas populares”, converténdose nunha cita deportiva cada vez máis consolidada.

PERCORRIDO POLO CORAZÓN DE COMPOSTELA

A carreira arrincará na praza de San Francisco e rematará na praza do Obradoiro, onde se instalará unha pantalla xigante para seguir a proba. O percorrido discorrerá polo corazón da cidade, atravesando a Zona Vella e o Ensanche, ata completar os 10 quilómetros. Entre as novidades desta edición destaca a incorporación da modalidade ‘2K sen barreiras’, pensada para facilitar a participación de todo tipo de público, independentemente das súas capacidades. Desde a organización tamén animaron á cidadanía compostelá a saír ás rúas para vivir o ambiente da carreira, un evento que, segundo destacaron, está a gañar recoñecemento non só en Galicia, senón tamén en España e a nivel europeo.

Formoso subliñou que esta iniciativa encaixa coa filosofía da Deputación de promover o deporte e unha vida saudable, e destacou que en catro anos se triplicou a afluencia de público. Pola súa banda, Pilar Lueiro definiu a carreira como “a festa do deporte en Santiago”, un evento que permite gozar do deporte tanto correndo como animando aos participantes, e valorou especialmente a nova modalidade inclusiva como “unha oportunidade para todos”.

ÚLTIMAS

O Concello defende que baixa o número de animais en Bando e xustifica a suspensión da selección da dirección por unha dúbida legal

O Concello de Santiago respondeu ás críticas do Partido Popular sobre a situación do...

Patricia Iglesias evita aclarar se será candidata en Santiago: “Non son das que me anticipo”

A deputada socialista Patricia Iglesias volveu descartar este luns confirmar se optará a ser...

A Xunta de Goberno aproba obras no rural, subvencións de igualdade e a nova licitación das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, 8 de xuño, diferentes...

O comercio local de Santiago celebra o ‘Prima 2026’ con actividades familiares, música e unha ruleta de agasallos

O Concello de Santiago celebrará do xoves 11 ao sábado 13 de xuño unha...

A USC suma un novo título galego co triunfo de Diego Cacheiro en xadrez rápido

A USC incorporou un novo resultado destacado ao seu ámbito deportivo coa vitoria de...

O Compos golea ao Vilalbés e avanza á final galega polo ascenso

A SD Compostela conseguiu o pase á seguinte eliminatoria do play off de ascenso...

‘A II Marcha Eurovelo 2026’ volverá percorrer Santiago e reivindicar a bicicleta como deporte e mobilidade sustentable

A II Marcha Eurovelo 2026 celebrarase o vindeiro 28 de xuño cun novo percorrido...