InicioDEPORTESA Carreira Pedestre de Santiago celebrará a súa 46ª edición o 26...

A Carreira Pedestre de Santiago celebrará a súa 46ª edición o 26 de outubro con saída desde Xoán XXIII

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou o evento no Hotel Monumento San Francisco e destacou o valor do deporte como símbolo da Compostela inclusiva e participativa

Publicado o

Xornal de Compostela

A tradicional Carreira Pedestre de Santiago celebrará este ano a súa 46ª edición o domingo 26 de outubro, con saída desde a avenida de Xoán XXIII ás 10:00 e chegada na praza do Obradoiro, punto final dun percorrido que cada ano reúne milleiros de participantes e afeccionados.

A presentación da proba tivo lugar este martes no Hotel Monumento San Francisco, nun acto no que participou a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada de representantes das entidades organizadoras e colaboradoras.

Durante a súa intervención, Lueiro subliñou que o deporte “en todas as súas formas e disciplinas, constrúe, competición a competición, evento a evento, carreira a carreira, boa parte da Compostela que somos: inclusiva, igualitaria, participativa, competitiva, dinámica, inspiradora e orgullosa de si mesma”.

A edil compostelá salientou ademais que a carreira é “un motivo de orgullo colectivo e de celebración compartida”, convidando á cidadanía a encher as rúas da cidade o domingo 26, xa sexa “correndo ou de calquera outro xeito de implicación”.

A Carreira Pedestre compostelá, organizada polo Concello de Santiago en colaboración con diferentes entidades deportivas e patrocinadores, é un dos eventos máis emblemáticos do calendario deportivo galego, consolidado como unha cita de referencia tanto para atletas profesionais como para corredores afeccionados.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago recoñecerá o talento deportivo local na VIII Gala do Deporte o 24 de marzo no Auditorio de Galicia

O Concello celebrou este xoves a presentación da VIII Gala do Deporte, un acto...

A carreira ‘Os 10.000 Peregrinos’ volverá encher de atletas as rúas de Santiago o 22 de marzo

A carreira ‘Os 10.000 Peregrinos’ encherá de atletas as rúas de Santiago de Compostela...

E-motion logra un pleno de podios no seu debut interautonómico en Madrid

A escola de baile e acrobacia E-motion, con sede en Bertamiráns, estreouse este domingo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here