InicioCULTURAA USC proxecta e debate a memoria histórica a través do filme...

A USC proxecta e debate a memoria histórica a través do filme ‘O mestre que prometeu o mar’

A Facultade de Xeografía e Historia organiza unha sesión de cine e un coloquio aberto sobre a represión franquista no maxisterio

Publicado o

Xornal de Compostela

A Facultade de Xeografía e Historia da USC acollerá esta semana dúas actividades centradas na memoria histórica. O mércores 18 de setembro, ás 19h na aula 12, proxectarase de balde o filme O mestre que prometeu o mar, de Patricia Font. A película, que contou con cinco nominacións aos premios Goya, relata a historia real de Antoni Beneiges, un mestre tarraconense fusilado en Burgos en 1936 durante a represión franquista. A historia é revivida a través dos recordos do avó de Ariadna, unha das antigas alumnas de Beneiges.

A sesión de cine será seguida, o xoves 19 de setembro ás 19h na aula 12, dun coloquio sobre a importancia de divulgar a memoria histórica. No debate participarán Paula Carballeira, autora do libro premiado As alumnas; Narciso de Gabriel, especialista na represión do maxisterio; e Coral Piñeiro, cineasta e membro da asociación Memoria e Cinema. O coloquio será moderado por Roque Sanfiz, do Grupo Histagra-USC, e estará aberto ao público, fomentando a participación activa.

Esta actividade enmárcase nas Axudas destinadas ao desenvolvemento de actividades culturais e académicas da Facultade de Xeografía e Historia para o ano 2024, coa colaboración da cooperativa Mazarelos, o grupo de investigación HISTAGRA e a asociación Memoria e Cinema.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Aberto26 abrirá a tempada da arte contemporánea con exposicións simultáneas en nove galerías galegas

A cuarta edición de 'Aberto' celebrarase do 17 ao 19 de setembro cun programa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here