InicioCULTURAComezan os proxectos beneficiarios das Axudas REGA 2024 na Cidade da Cultura

Comezan os proxectos beneficiarios das Axudas REGA 2024 na Cidade da Cultura

A diversidade temática marcará as residencias artísticas deste outono no Gaiás

Publicado o

Xornal de Compostela

Este mes de setembro arrincan na Cidade da Cultura os catro proxectos seleccionados nas Axudas REGA 2024, promovidas pola Xunta de Galicia dentro do Programa de Residencias Artísticas do Gaiás. Os temas abordados por estas iniciativas abranguen desde a representación do colectivo LGBTI+ ata a problemática do acceso á vivenda, pasando pola escultura téxtil e a transformación de mapas en música.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, deu a benvida aos artistas seleccionados, destacando o crecemento destas axudas, que en apenas tres edicións triplicaron o número de propostas presentadas, pasando de 56 a 184.

PROXECTOS EN RESIDENCIAS NO GAIÁS

O primeiro proxecto en iniciar a súa residencia será o de María Barros, coa proposta Téxtil suspendido, na que explorará as posibilidades do moulage, unha técnica de alta costura, para crear figuras escultóricas con tecidos. O resultado final será presentado nun libro-obxecto manuscrito dispoñible tamén en versión dixital.

En outubro comezarán os outros tres proxectos. CA-CO-FLEX, de Isabel Fernández, abordará a problemática da vivenda a través dunha peza escénica na que o cartón será o material central. A obra será desenvolvida por un equipo que inclúe a artesá Julia Marín e varios actores e actrices.

Pola súa parte, os músicos Pablo Seoane e Macarena Montesinos desenvolverán Exercicios sonoros de cartografía inversa, un proxecto que transformará mapas históricos da costa galega en música. Ao remate da súa residencia, compartirán o resultado nun concerto/instalación.

Por último, o artista Sergio Marey propón con Deus te livre unha instalación visual e performativa que reflexiona sobre os lazos culturais entre Galicia e Portugal, facendo especial fincapé nas representacións LGTBI+.

Cada proxecto contará cunha dotación de 8.000 euros e o apoio dos espazos e recursos técnicos da Cidade da Cultura, ademais do acompañamento dunha persoa mentora especializada en cada área artística.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here