InicioPOLÍTICAConstenla avala en redes comentarios que cualifican a alcaldesa de "cateta" ou...

Constenla avala en redes comentarios que cualifican a alcaldesa de “cateta” ou “monicreque” tras a polémica da Medalla de Galicia

O edil popular respondeu con aprobación a máis dunha ducia de mensaxes ofensivas contra Goretti Sanmartín, nunha publicación do 12 de xullo que volveu saír á luz tras a dimisión da súa xefa de Protocolo

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A polémica pola ausencia da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, no acto de entrega da Medalla de Galicia á princesa Leonor continúa xerando consecuencias políticas e mediáticas. Esta semana, a renuncia da xefa de Protocolo do Concello reavivou a controversia, e puxo de novo no foco unha publicación realizada en Facebook o pasado 12 de xullo polo concelleiro popular José Antonio Constenla, na que acusaba á rexedora de que a súa “ideoloxía radical pesa máis que o cargo”.

Aquela mensaxe, con máis dun cento de comentarios, incluía diversas críticas á decisión da alcaldesa de non acudir ao acto, mais tamén acumulou unha serie de intervencións de ton abertamente ofensivo ou despectivo. Entre elas, aparecen cualificativos como “cateta”, “impresentable”, “monicreque en mans dunha Bildu etarra”, “sirena bloqueira”, “ignorante” ou “caradura de libro”. A gravidade dalgúns destes termos foi destacada pola propia Sanmartín durante o pleno municipal do pasado mércores 31, no que sinalou directamente a Constenla por “avalar nas redes comentarios ofensivos” sobre ela. 

Efectivamente, a análise do fío de comentarios da publicación amosa que o concelleiro respondeu afirmativamente ou con entusiasmo a múltiples mensaxes que utilizan expresións insultantes ou cuestionan a dignidade institucional da alcaldesa. A usuarios que lle recomendaban “quedarse no gallinero”, e no que el respondía que a rexedora é unha “radical de tomo e lomo”, que propoñían directamente que “dimita xa” ou se referían aos membros do goberno como “bobos e lerdos“, Constenla replicou con frases como “totalmente de acordo”, “así é”, “siiiiiiiiiiiii”, “ten razón” ou “jajajaja, si señor”.

Un dos comentarios máis destacados foi o dun usuario que afirmaba que Sanmartín “é unha monicreque en mans dunha Bildu Etarra como a Sra. Pontón”, ao que o edil popular respondeu: “Así é, querido Ángel”. Tamén se sumou a críticas que cuestionaban a súa capacidade intelectual, con frases como “a indixencia intelectual expándese como un virus letal”, ante o que Constenla escribiu: “Así é, querido Julio!!!”

A publicación colleu aínda máis relevancia tras confirmarse esta semana a dimisión da xefa de Protocolo do Concello, que Sanmartín atribuíu a unha “mala comunicación” co seu gabinete no episodio da Medalla de Galicia. No mesmo pleno, o grupo municipal do PP levou a debate unha moción de reprobación contra a alcaldesa, que foi aprobada cos votos a favor dos populares, PSOE e edís non adscritos. No seu argumento, Constenla cualificou a decisión da rexedora como “un acto verdadeiramente miserable, sen precedentes e impropio de quen pretende liderar unha institución”.

Pola súa parte, a alcaldesa defendeu a súa postura como unha decisión coherente coa súa visión institucional e política, e denunciou o que cualificou como un “intento de criminalización do BNG” mediante campañas nas redes. Reivindicou tamén a existencia de “espazos institucionais para o republicanismo” e lamentou que a concesión da Medalla non fose acordada coas forzas políticas locais.

Dende o grupo popular, o edil respondeu negando tal implicación: “O primeiro que quero é amosar a miña sorprensa”, aseverou. “Nin sequera son consciente de que nas miñas redes sociais perdese 30 segundos en referirme a vostede. Se alguén lle informa de que nas miñas redes sociais eu falo de vostede, estana enganando”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here