InicioCULTURAO festival Holanola Lab Fest traerá o espírito de Nova Orleans a...

O festival Holanola Lab Fest traerá o espírito de Nova Orleans a Santiago do 16 ao 21 de setembro

A cuarta edición incluirá concertos, encontros e unha caravana musical que cruzará o sur de Galicia e o norte de Portugal

Publicado o

Xornal de Compostela

A cidade de Santiago de Compostela converterase de novo nun epicentro do jazz e das músicas do mundo coa celebración da IV edición do ‘Holanola Lab Fest’, que terá lugar do 16 ao 21 de setembro de 2025. O evento mesturará artistas de Nova Orleans con músicos galegos e internacionais, tanto nos escenarios como sobre rodas, a través dunha programación que culminará coa ‘Caravana NOLA’, unha proposta itinerante que percorrerá distintas localidades do sur de Galicia e do norte de Portugal.

A edición deste ano contará coa participación de figuras recoñecidas como a multiinstrumentista Aurora Nealand, o baterista Joe Lastie, membro histórico da Preservation Hall Jazz Band, o galego Kike Terrón, o brasileiro Leo Middea e o proxecto Boma Bango, entre outros. A proposta mantén o espírito festivo, participativo e colaborativo que caracteriza o festival, promovendo o diálogo artístico entre culturas e xeracións.

O festival arrancará o martes 16 de setembro no Fuco Lois, cun concerto de Noel McKay e Julián Maeso con entrada libre. Ao día seguinte, a cita será en Borriquita de Belém, onde soará The GET, tamén con acceso gratuíto. A programación máis intensa comezará o xoves, coa actuación de Leo Middea con banda no Riquela Club ás 22:15, cun prezo de entrada de 20 euros.

O venres 19 haberá dobre cita: Boma Bango actuará ás 20:30 en Borriquita de Belém con entrada libre, e Joe Lastie’s New Orleans Sound, acompañado polo saxofonista Carlos Childe, ofrecerá ás 22:15 o concerto titulado NOLA BY SPAIN, tamén no Riquela, por 20 euros.

O sábado 20 de setembro incluirá un dos momentos máis destacados da edición, cunha sesión matinal na que se presentará o libro Song for My Fathers, do xornalista e músico estadounidense Tom Sancton, discípulo do clarinetista George Lewis, figura clave do renacemento do jazz tradicional en Nova Orleans. Sancton participará nun recital íntimo xunto con Aurora Nealand.

Xa pola noite, actuarán 7XMEDIO (20:30, Borriquita de Belém, entrada libre) e o Inquiry Quintet con Aurora Nealand (22:15, Riquela Club, entrada 20 euros).

O peche da edición compostelá será o domingo 21 cunha sesión especial da Caravana NOLA no Café Torgal de Ourense, antes de que esta proposta se converta nun festival sobre rodas. A Caravana NOLA é unha iniciativa que promove o intercambio artístico en movemento, levando concertos improvisados e creacións colectivas a distintas vilas, con músicos viaxando en bicicleta e furgoneta.

As entradas para os concertos de pago están xa dispoñibles a través da plataforma Ataquilla.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda comeza a desmontarse no Obradoiro

A acampada pola vivenda de Santiago de Compostela iniciou a recollida e reorganización do...

Denuncian no Obradoiro que a Policía acurralou e golpeou manifestantes tras a marcha do 11N

Unha trintena de persoas concentrouse este sábado na praza do Obradoiro, en Santiago de...

Feijóo promete en Santiago que “non volverá haber corrupción” se goberna o PP en España

Alberto Núñez Feijóo comprometeuse este sábado no Multiusos Fontes do Sar a impulsar a construción...

O PSdeG apela ao voto útil nun encontro con cargos públicos da comarca de Santiago

Os candidatos socialistas Sindo Guinarte e Ana Alvite reuníronse este sábado con cargos públicos...

A galería DUPLA inaugura este venres ‘Un corpo propio’, unha exposición de Yolanda Dorda sobre o corpo feminino

A galería DUPLA de Santiago de Compostela, situada no número 9 da rúa Fonte...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Dunha antena pendurada dun pau á UNESCO: os 30 anos do proxecto que uniu Galicia e Portugal a través da radio escolar

Houbo un tempo no que conectar dúas escolas separadas por unha fronteira requiría pouco...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here