InicioCULTURAA USC premia seis vídeos que abordan o galego e a vida...

A USC premia seis vídeos que abordan o galego e a vida universitaria

O certame Vémolo Nós destaca proxectos orixinais sobre o rural, a USC e a lingua galega

Publicado o

Xornal de Compostela

A USC anunciou os seis vídeos galardoados na segunda edición do certame Vémolo Nós, organizado pola Vicerreitoría de Transformación Dixital e Innovación a través do Servizo de Normalización Lingüística. O concurso busca promover o uso do galego na divulgación científica e destacar a interacción co medio rural, a vida universitaria e a lingua galega, combinando orixinalidade e humor.

Na categoría A, centrada na divulgación do coñecemento, o primeiro premio foi para Rocío Manteiga Souto polo vídeo ‘Falando de vacas‘, que amosa a importancia de dar nome ás vacas no rural galego para mellorar o seu benestar. O vídeo finalista nesta categoría, ‘A biotecnoloxía no rural galego‘, de Daniel Abella López e Adrián López Teijeiro, aborda os avances biotecnolóxicos no sector rural.


A categoría B, co lema ‘Descubrindo a USC‘, premiou a Iria Losada Rodríguez pola peza ‘Homenaxe a Carolina‘, dedicada á icónica gata da Biblioteca Concepción Arenal. Como finalista quedou ‘Dende o SEPIU‘, unha creación de Cecilia Álvarez Corujo, David Marante Manteiga, Paula Martínez Collazo e Sara Rodríguez Ourille, que presenta o Servizo de Participación e Inclusión Universitaria cunha estética inspirada nos filmes de espías.

Na categoría C, titulada ‘Protagonista: o galego‘, o galardón foi para Aaron Bennett Kleinschmidt, de Iker Fernández Villar, que retrata a experiencia dun estadounidense aprendendo galego. O vídeo finalista, ‘Falar galego é de balde‘, de Irimia Pérez Sánchez e Manuel García Amado, recompila ditos galegos populares en situacións cotiás.

O concurso Vémolo Nós pretende fomentar o uso do galego como lingua de divulgación científica no audiovisual universitario, ofrecendo materiais de calidade tanto para a docencia como para inspirar o profesorado. Os tres proxectos gañadores reciben 1.500 euros, mentres que os finalistas son premiados con 300 euros cada un.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here