InicioCULTURAJosé López Campos destaca o valor patrimonial da exposición 'O legado Ángel'...

José López Campos destaca o valor patrimonial da exposición ‘O legado Ángel’ en Santiago

A mostra reúne pezas de xoiería litúrxica e obxectos históricos conservados por tres xeracións dunha familia compostelá

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou esta mañá a exposición “O legado Ángel. Arte e oficio en Compostela”, que se pode ver no Colexio de Fonseca ata finais de mes. A mostra, organizada coa colaboración da Xunta de Galicia, recompila por primeira vez unha selección de pezas da histórica Xoiería Ángel, con talleres en Santiago, Ourense e Vigo, creadas entre os anos trinta e 2003.

Durante o percorrido, o conselleiro destacou que esta exposición é “unha oportunidade para descubrir pezas de gran valor froito do traballo artesán”, poñendo en valor o oficio da xoiería e a súa importancia cultural. As obras, realizadas en ouro, prata, esmalte e marfil, están maioritariamente ligadas ao ámbito litúrxico, e moitas delas non eran accesibles ao público ata agora.

A mostra tamén inclúe unha sección dedicada ao legado da familia rexente da Xoiería Ángel, que durante tres xeracións conservou unha valiosa colección de obxectos arqueolóxicos, decorativos e artísticos vinculados á cidade de Santiago. Neste sentido, López Campos resaltou a importancia de “transmitir de xeración en xeración a paixón pola conservación de obxectos cargados de simbolismo”.

A exposición, instalada no Salón Artesoado de Fonseca, pode visitarse ata o final de setembro, ofrecendo ao público a oportunidade de coñecer un conxunto de ourivería e patrimonio de gran relevancia cultural.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here