InicioCULTURAA música en galego protagonizará as festas do Apóstolo, con cinema e...

A música en galego protagonizará as festas do Apóstolo, con cinema e videoxogos como grandes novidades

A Praza da Quintana e o Parque de Galeras acollerán actuacións de Dakidarría ou Carolina Rubiosa

Publicado o

Por Amanda Ferpe

As festas do Apóstolo, que se celebrarán en Santiago de Compostela entre os días 19 e 31 de xullo, contarán cunha aposta case íntegra pola música en galego coas actuacións de artistas como Dakidarría e Carolina Rubiosa, un festival de cinema e un espazo para videoxogos como novidades principais.

Nunha rolda de prensa ofrecida este mércores, a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, explicou que a programación dos festexos pretende funcionar “como un escaparate para os artistas da comunidade” e ofrecer á cidadanía actividades “diversas e inclusivas” para todos os públicos.

Entre as novidades deste ano, destacou, baixo o título de ‘Cinema Fest’, a proxección de películas en diversos puntos da cidade, así como unha xornada sobre videoxogos que acollerá a Praza Roxa o día 20.

Como en anteriores ocasións, as actividades da programación desenvolveranse de forma descentralizada pola cidade. Dentro das localizacións seleccionadas para iso atópanse os parques da Alameda, Bonaval e Galeras, e as prazas de Mazarelos, a Quintana e o Obradoiro.

Neste sentido, a concelleira de Festas explicou que este ano volverá haber un “horario especial sen ruído”, os días 20, 27 e 30 de 17,00 a 19,00 horas” e varios puntos lilas. Con todo, o Consistorio aínda non deu a coñecer quen se encargará do pregón.

“Este venres convocaremos unha rolda de prensa para presentar á persoa que lerá o pregón e tamén anunciaremos unha última sorpresa de tipo musical”, sostivo.

CARTEL DAS FESTAS

O deseño da cartelaría deste ano é obra da ilustradora e muralista compostelá Lida Cao, quen non puido estar presente na presentación da programación ao atoparse de viaxe.

No entanto, durante a rolda de prensa, retransmitiuse un vídeo no que a propia artista explicou o que quixo representar na súa obra.

“A muller que encabeza o cartel responde ao importante número de mulleres artistas que participarán nas festas e os soportais son unha chiscadela aos lugares nos que se celebran”, explicou a artista.

PROGRAMACIÓN

A Praza da Quintana acollerá, entre outras, as actuacións de Dakidarría (venres 19), Harlem Gospel Travelers (martes 23), Maro (xoves 25) e Mercedes Peón (luns 29), así como o concerto da Real Filharmonía de Galicia (venres 26) e o da Banda Municipal (sábado 27).

A actuación de Carolina Rubiosa (sábado 27) terá lugar no Parque de Galeras. Un espazo no que se esperan a Malabesta (domingo 28), Capital Voskov (luns 29) e Apart (domingo 30).

A Festa Pícara, actividade por excelencia para todas as idades, tampouco faltará nesta edición, e celebrarase o martes 23 no Parque Eugenio Granell.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia acollerán 33 funcións de teatro e danza no primeiro semestre de 2026

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026...

(FOTOS) O acendido do Nadal enche de música e público o Obradoiro

O acendido oficial das luces de Nadal de Santiago celebrouse este venres cunha gran...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here