InicioCULTURAA primeira carta bomba da historia de España estalou en Santiago de...

A primeira carta bomba da historia de España estalou en Santiago de Compostela

En 1829 o capitán xeral de Galicia, Nazario Eguía, perdeu unha man por un artefacto explosivo oculto nunha carta

Publicado o

Por Marta Balado Simó

A primeira carta bomba que se utilizou na historia de España tivo como obxectivo o capitán xeral de Galicia e estalou no Pazo de Santa Cruz, na Rúa Nova. O Pazo actualmente utilízase como Residencia Universitaria e como Centro Internacional de Prensa de Galicia, pero naquel momento era a sede da capitanía xeral de Galicia.

Nazario de Eguía era o capitán xeral de Galicia, posto que ocupara en dúas ocasións: de 1824 a 1829 e de 1830 a 1832. Durante o seu primeiro mandato, no 1829, foi vítima dun atentado que sentou as bases dunha nova forma de atacar con artefactos explosivos en España, a carta bomba.

O 29 de Outubro de 1829, era pola mañá e Eguía estaba no cuartel cando recibiu unha carta no seu nome e que viña de León. O seu axudante abriu o primeiro sobre que tiña escrito “Urgente, vuestra majestad”, dentro destes viñan outros dous e o último tiña escrito: “Reservadísimo. Del Rey, para el general Eguía”.

Debido á insistencia dos sobres, o xeneral decidiu abrir el mesmo o último sobre. No momento xusto de levantar a solapa, un estalido e unha detonación fixeron voar polos aires as mesas e asustaron a todos os presentes.

Cando Eguía se levantou do chan todos viron que lle faltaba unha man e este estaba colérico. Neste altercado, o xeneral perdeu a man dereita, dous dedos da esquerda e tivo numerosas feridas no rostro e o torso.

A cólera de Eguía, de ideoloxía absolustista e con técnicas moi duras e tiranas contra os liberais, fixo que culpase a un rapaz novo que se chamaba José María Chao e era farmacéutico en Vigo.

A falta de probas contra Chao fixo que nunca fose culpado, pero a teoría de que se trataba dun ataque dos liberais que querían voltar a un goberno constitucional seguía en pé.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here