InicioCULTURA'Bim, bam, bum', de María Girón, gaña o XVII Premio Internacional Compostela...

‘Bim, bam, bum’, de María Girón, gaña o XVII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados

A obra 'Voglio andare senza rotelle' de Tobias Giacomazzi foi finalista

Publicado o

Xornal de Compostela

A autora catalá María Girón foi a gañadora do XVII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado co proxecto titulado ‘Bim, bam, bum’. Ademais, a obra ‘Voglio andare senza rotelle’ de Tobias Giacomazzi foi finalista.

O premio, organizado pola editorial Kalandraka e o Concello de Santiago, conta cunha dotación económica de 9.000 euros e leva a publicación da obra gañadora en galego, catalán, eúscaro, castelán e portugués no mes de novembro.

‘Bim, bam, bum’ impúxose nunha edición do Premio Compostela á que se presentaron 218 proxectos procedentes de 22 países: España, Italia, Portugal, Canadá, China, Perú, Arxentina, Brasil, Rusia, Estados Unidos, Israel, México, Turquía, Ecuador, Alemaña, Irlanda, Francia, Dinamarca, Bélxica, Chipre, Colombia, Eslovenia e Chile.

Da obra gañadora, o xurado destacou a “frescura dunha historia que mostra a cara lúdica da infancia, na que a amizade é un compoñente esencial”.

Ademais, tamén subliñou a capacidade do proxecto gañador para evocar “a felicidade desa etapa da vida”. “O xogo, a liberdade, o movemento e o humor están presentes, tanto no texto como na ilustración”, engadiu. Segundo o fallo, o texto de María Girón é “sinxelo e musical” e “retoma elementos da tradición oral como os acumulativos, as repeticións e os xogos fonéticos”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...