InicioCULTURASabías que o xogo da Oca ten a súa orixe no Camiño...

Sabías que o xogo da Oca ten a súa orixe no Camiño de Santiago?

Segundo unha teoría, os Cabaleiros Templarios crearon unha ruta encriptada para poder realizar o Camiño dun xeito seguro durante a Idade Media

Publicado o

Por Marta Balado Simó

Probablemente de neno pasaches horas e horas xogando ao xogo de mesa da Oca. Pero, a que non sabías que existe unha teoría que afirma que este pasatempos se creou en relación ao Camiño de Santiago?

Dise que os Cabaleiros Templarios, que eran monxes cristiáns e guerreiros que defendían aos cristiáns que peregrinaban ás terras santas de Xerusalén, Roma e Santiago de Compostela, decidiron crear un documento para axudar a completar o Camiño de Santiago Francés. Ese documento servía, a xeito de guía encriptada, para que os cristiáns, independentemente da súa lingua, puidesen chegar ata Santiago. Deste xeito, todos os integrantes da Orde do Temple coñecían o significado de cada símbolo.

No tocante á simboloxía, as 63 casillas que conforman o taboleiro correspondíanse co viaxe de ida e de volta dende St. Jean de Pied de Port ata Santiago, 32 casillas de ida e 31 de volta.

Dentro desas casillas, podemos atoparnos con referencias a puntos claves da travesía, como: a Oca, que fai referencia ao Cebreiro, a morte, que fai referencia a Santiago, e a oca final, que fai referencia a Fisterra, onde se atopa o final do epílogo do Camiño.

Por outra banda, os símbolos que seguen a conformar o xogo hoxe en día terían un significado único. As pousadas eran os albergues onde descansarían os peregrinos; os pozos, os días malos; o labirinto, as perdas físicas e espirituais, e os dados, o azar durante todos os días de camiño. Tamén se di que todas esas casillas negativas indicarían os lugares non seguros e as ocas os lugares que si que eran seguros para parar.

As pontes, que simbolizarían pasar un obstáculo, fan referencia a pontes reais que se atopan en diferentes etapas como a Ponte de la Reina de Jaca, a Ponte de la Reina en Navarra e a Ponte de Estella.

O máis curioso é que o nome de Oca tamén está presente en diferentes pobos ou paradas do Camiño Francés, como por exemplo Villafranca Montes de Oca, Puerto de Oca, El Ganso ou Ocón.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here