InicioCULTURAA Federación de Ateneos de Galicia homenaxea en Santiago a Manuel Durán...

A Federación de Ateneos de Galicia homenaxea en Santiago a Manuel Durán Clemente

Os actos incluíron unha recepción institucional no Concello de Santiago e un acto de presentación na sede do Ateneo de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

Esta mañá, a Federación de Ateneos de Galicia homenaxeou ao capitan galego Manuel Durán Clemente, quen trala tentativa de golpe de Estado do 25 de novembro de 1975 en Portugal foi exiliado a Cuba e Angola, regresando posteriormente para ocupar diversos cargos públicos.

Os actos divídronse en dúas partes, cunha recepción institucional en primeiro lugar no Concello de Santiago por parte da alcaldesa, Goretti Sanmartín, que estivo acompañada tamén pola tenente de alcaldesa María Rozas, a concelleira do PSdeG Mercedes Rosón e a concelleira do Partido Popular Olalla Otero, ademais de polos directivos do Ateneo de Santiago Manuel López-Rivadulla e Francisco Candela e José Collazo, presidente do Ateneo de Moaña.

Posteriormente, o salón de actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, sito na praza de Salvador Parga, acolleu a presentación da obra Crónicas dun insubmiso. Esta homenaxe, segundo informaron dende a propia federación de Ateneos terá continuidades os próximos días 9 e 10 de maio en varios actos nas localidades de Pazos de Borbén, lugar natal do homenaxeado, Redondela, Moaña e Cangas.

ÚLTIMAS

Cine ao aire libre na Alameda: unha semana de lembranzas, comunidade e mocidade baixo as estrelas

Baixo as estrelas de Compostela, e agradecidos por unha noite sen choiva, moitísimas persoas,...

A illa de compostaxe do CIFP de Compostela culmina con éxito a súa primeira fase de funcionamento

A illa de compostaxe do Centro Integrado de Formación Profesional de Compostela xa tratou...

O CSIC crea un laboratorio pioneiro en Santiago para estudar a relación ancestral entre humanos e plantas

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) avanza no seu proxecto 'PLANTCRAFT', que busca...

O persoal da limpeza do CHUS mobilízase contra Ilunion por vulnerar o contrato público

Decenas de traballadores do servizo de limpeza dos hospitais Clínico e Gil Casares de...

Cine ao aire libre na Alameda: unha semana de lembranzas, comunidade e mocidade baixo as estrelas

Baixo as estrelas de Compostela, e agradecidos por unha noite sen choiva, moitísimas persoas,...

Festas do Apóstolo: Sés, Baiuca e atraccións na Alameda cun cartel anunciador homenaxeando a Castelao

As festas do Apóstolo arrincan a próxima semana en Santiago de Compostela, cunha aposta...

Yossou N’Dour, primeira confirmación para os concertos do Apóstolo de 2025

O músico Yossou N'Dour actuará o 22 de xullo na Praza da Quintana, en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here