InicioCULTURACompostela celebrará o legado de Rosalía de Castro cunha vintena de actividades...

Compostela celebrará o legado de Rosalía de Castro cunha vintena de actividades na oitava edición do seu festival

A programación desenvolverase os días 21 e 22 de febreiro con propostas de literatura, música, artes escénicas e actividades familiares en distintos espazos da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

Compostela acollerá os días 21 e 22 de febreiro a oitava edición do festival dedicado á figura e ao legado de Rosalía de Castro, unha cita cultural que reunirá arredor de vinte actividades repartidas ao longo da fin de semana. A iniciativa volve situar a praza de Mazarelos como un dos principais escenarios, xunto con outros espazos do casco histórico compostelán.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, salientou en rolda de prensa a vixencia da autora e o significado simbólico do festival, que se celebra poucas semanas antes do 8M. Segundo indicou, Rosalía de Castro conta cunha “traxectoria absolutamente fantástica, de vixencia, de actualidade”, ao tempo que subliñou a relevancia do eventopolo seu enfoque cultural e social. A rexedora puxo tamén en valor a diversidade da programación e animou á cidadanía a participar nas distintas propostas previstas.

O festival dará comezo o sábado 21 de febreiro ás 11:00 na praza de Mazarelos. Durante a fin de semana, Compostela acollerá actuacións de intérpretes e compañías do ámbito escénico e musical, así como actividades para públicos diversos. Entre os nomes participantes figuran actrices como Mónica Caamaño e Isabel Risco, o ilusionista Mago Teto, grupos teatrais como As Teimas e Os Quinquilláns, e propostas musicais a cargo de Blues do País, Loita Amada, Faia Díaz, Inés Salvado, Uxía ou Javier Ruibal.

No ámbito musical, a deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Sol Agra, destacou o concerto ‘Da túa casa á miña’, previsto para a sesión vermú do domingo 22 ás 13:20 na praza de Mazarelos. Nese mesmo espazo, o sábado ás 21:00, Loita Amada presentará o seu terceiro disco, ‘Resistir é Vencer’. A programación complétase coa actuación de Blues do País o sábado ás 13:30 e co espectáculo ‘Primavera vai chegar’, que combina poesía e música, con pases o domingo no Colexio de Santo Agostiño ás 12:00 e ás 16:30.

Outra das propostas centrais será ‘Contoesías: Contos e poesías’, que terá lugar o sábado ás 18:00 na praza de Mazarelos. Trátase dun proxecto colaborativo no que participan Doures Tembrás, Yamini T. Prabhu, Carmen Conde e Sole Felloza, e que propón un percorrido pola obra de Rosalía de Castro desde unha perspectiva feminista, interseccional e crítica.

O programa inclúe tamén sesións de maxia, coa actuación do Mago Teto o domingo ás 21:00, unha feira rosalianacon postos abertos de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, presentacións de libros, xogos tradicionais e o Concurso Rosaliano dirixido ao público familiar, que conducirá Isabel Risco o domingo a partir das 16:30. A oitava edición do festival consolídase así como unha das citas culturais destacadas do calendario compostelán arredor da figura da escritora.

ÚLTIMAS

As candidatas á reitoría da USC debaten co estudantado sobre participación, docencia, lingua e vivenda

A Facultade de Ciencias Políticas da USC acolleu na tarde deste xoves un debate...

O Goberno de Santiago activa os contactos coa segunda empresa tras a renuncia de Eulen ao contrato dos centros socioculturais

O Goberno local de Santiago de Compostela iniciou os primeiros contactos coa segunda empresa...

O CGAC inaugura a súa programación de 2026 coa exposición ‘Internalities’, chegada da Bienal de Arquitectura de Venecia

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) abriu a súa programación expositiva de 2026...

O Concello de Santiago anuncia a cesión de parcelas para vivenda pública en Castro de Abaixo

O Goberno local de Santiago de Compostela anunciou a cesión de dúas parcelas municipais...

O CGAC inaugura a súa programación de 2026 coa exposición ‘Internalities’, chegada da Bienal de Arquitectura de Venecia

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) abriu a súa programación expositiva de 2026...

O Concello presenta a programación do Entroido con desfile do Meco, pregón coral e actividades nos barrios

O Concello de Santiago deu a coñecer este xoves a programación do Entroido na cidade,...

A candidata a reitora da USC Maite Flores anuncia o peche da súa campaña cunha festa na Sala Capitol

A candidata a reitora da Universidade de Santiago de Compostela Maite Flores anunciou este...