InicioCULTURAA candidata a reitora da USC Maite Flores anuncia o peche da...

A candidata a reitora da USC Maite Flores anuncia o peche da súa campaña cunha festa na Sala Capitol

Terá lugar o martes 10 con entrada gratuíta ata completar aforamento e unha consumición incluída

Publicado o

Xornal de Compostela

A candidata a reitora da Universidade de Santiago de Compostela Maite Flores anunciou este mércores o peche da súa campaña electoral cun acto festivo que se celebrará o vindeiro martes, día 10, na Sala Capitol, en Santiago de Compostela.

O anuncio realizouno a través dunha publicación na súa conta persoal na rede social Instagram, na que difundiu o cartel do evento e animou á comunidade universitaria a participar nesta cita final da campaña.

Segundo explicou na mensaxe, a festa dará comezo ás 21:30, coincidindo co tramo final do proceso electoral. “Xa sabedes que nesta candidatura somos moi de anticipar, planificar e liderar. Por iso, como xa superamos o ecuador da campaña, estamos a organizar a festa de peche na Sala Capitol o martes día 10, a partir das 21.30 horas”, indicou a candidata.

Flores detallou tamén que a entrada será gratuíta ata completar aforamento e que as persoas asistentes contarán cunha consumición gratis. A sesión musical correrá a cargo do DJ Carlos López, segundo se recolle na información difundida pola propia candidatura.

Este acto festivo servirá como clausura da campaña de Maite Flores nas eleccións á reitoría da USC, nas que distintas candidaturas están a presentar as súas propostas á comunidade universitaria nos días previos á votación.

ÚLTIMAS

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

As non adscritas apoian a ILP Lingua Vital e levarán ao Pleno de Santiago unha moción para defender o galego

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago formalizaron o seu apoio á Iniciativa Lexislativa...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

O loito polo accidente de Urda obriga a aprazar o concerto de Kid Mount en Santiago: que pasará coas entradas?

O Concello de Santiago decidiu aprazar o concerto de Kid Mount previsto para este...

Clara Cantore presenta en Santiago ‘Regreso’, un disco que une as raíces musicais arxentinas e galegas

A cantante e compositora Clara Cantore presentará este venres, 30 de outubro, en Santiago...