InicioCULTURALobisome Producións presenta en Santiago unha palestra sobre campos de refuxiados

Lobisome Producións presenta en Santiago unha palestra sobre campos de refuxiados

O evento acompaña o lanzamento do libro 'Serei os teus ollos en Idomeni' e contará coa participación de dous voluntarios e o autor, Exidio Cuíñas

Publicado o

Xornal de Compostela

Lobisome Producións organiza unha palestra en Santiago de Compostela para abordar a realidade dos campos de refuxiados en Europa, coincidindo co lanzamento do libro Serei os teus ollos en Idomeni do escritor de Cambados Exidio Cuíñas. O evento contará coa presenza dos voluntarios galegos Azucena e Xabier, que compartiron a súa experiencia en Idomeni, Grecia, onde axudaron a refuxiados sirios e afgáns.

A conversa, que tamén incluirá ao autor e ao editor Antón Mascato, terá lugar no Espazo Enocultural Vide Vide, situado na rúa da Fonte de Santo Antonio, 10. Está programada para o martes 7 de maio ás 20:30 e a entrada será libre ata completar o aforo.

Este encontro pretende achegar unha visión máis humana e próxima sobre a situación desesperada que viven moitas persoas nos campos de refuxiados, a través dos relatos en primeira persoa dos voluntarios e da nova obra literaria de Cuíñas.

ÚLTIMAS

O Servizo de Anatomía Patolóxica do CHUS recoñecido coa acreditación ISO 15189 pola súa “calidade asistencial”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto co xerente da área sanitaria de Santiago...

Antonio López reitera que Galicia debe manter unha única Facultade de Medicina

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, reafirmou esta fin de...

As obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada afectarán ao tráfico na AC-241, en Teo, desde o vindeiro martes

O avance nas obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada (AG-59) fará necesaria a...

Os edís expulsados do PSOE esixen a Sánchez que se revise o seu caso, pois foi asinado por Santos Cerdán

Os catro edís de Santiago expulsados do PSOE --Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta...

Comeza O Son do Camiño marcado pola polémica vinculación cos fondos de investimento proisraelí de KKR

Hoxe, 13 de xuño, arrinca en Santiago de Compostela unha nova edición do Son...

Duki, Bryan Adams e Franz Ferdinand inauguran O Son do Camiño

A sexta edición do festival O Son do Camiño inaugurarase este xoves no xa...

Santiago celebra o Orgullo cun mes cheo de actividades culturais, educativas e reivindicativas

O Concello de Santiago de Compostela vén de anunciar unha nova campaña institucional centrada...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here