InicioCULTURA'Inspirar/Expirar' chega ao Tambre cunha nova proposta minimalista de Jorge Mirás

‘Inspirar/Expirar’ chega ao Tambre cunha nova proposta minimalista de Jorge Mirás

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) acollerá este luns 24 de novembro a inauguración de ‘Inspirar/Expirar’, a nova exposición do creador compostelán Jorge Mirás. O acto terá lugar ás 20:00 no Centro Empresarial do Tambre e marcará o inicio dunha mostra que permanecerá aberta ao público ata o 18 de decembro, nun espazo cada vez máis presente na axenda cultural da contorna de Santiago.

O artista, nado na rúa de Abaixo e formado na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo, presenta 24 pezas cun enfoque abertamente minimalista, construídas a partir de formas orgánicas, xogos de luz e elementos verticais que combinan pintura e escultura. Mirás integra bloques de arxila adheridos ao lenzo, nun diálogo onde volume e superficie se contaminan mutuamente e obrigan ao espectador a un achegamento pausado. Tal e como explica, a exposición busca provocar unha reacción íntima: “O obxecto desta exhibición é causar unha acción-consecuencia, é dicir, que o público experimente un proceso de busca do inevitable”.

As obras formulan unha gramática híbrida, na que a pintura se expande en volumes e a escultura se desdobra cara ao plano. Deste xeito, xorden columnas que asemellan respirar, estruturas que lembran caixas torácicas en movemento, ou formas alongadas que funcionan como puntos de fuga para a cor, sempre situada en ocos e cavidades que dependen da iluminación natural. “A cor fica nas cavidades e xoga coa luz natural neses ocos propiciados polas sombras”, sinala o artista, quen reivindica influencias de referentes do minimalismo internacional como Donald Judd ou Dan Flavin.

Mirás, cunha longa traxectoria nas artes gráficas e máis de trinta anos de experiencia profesional en medios de comunicación, continúa explorando nesta mostra unha liña creativa que combina investigación formal e experimentación material. ‘Inspirar/Expirar’ é a súa segunda exposición en Santiago e chega nun momento no que o creador está implicado en diversos proxectos de interiorismo e arte plástica.

A mostra poderá visitarse de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00, sendo recomendábel avisar con antelación no 981 55 28 50. A AAET destaca que este tipo de iniciativas contribúen a reforzar o vínculo entre o tecido empresarial do Tambre e a vida cultural compostelá, abrindo novos espazos para a creación contemporánea.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here