InicioCULTURASantiago celebra o primeiro salón galego do videoxogo con máis de cincuenta...

Santiago celebra o primeiro salón galego do videoxogo con máis de cincuenta proxectos e récord de participación

O Píxel á Feira, impulsado polo Concello e a Deputación da Coruña, converteu o Palacio de Congresos nun espazo de encontro entre xogadores, creadoras e profesionais do sector

Publicado o

Xornal de Compostela

O Palacio de Congresos de Santiago acolleu esta fin de semana o Píxel á Feira, o primeiro salón galego dedicado en exclusiva ao mundo dos videoxogos, que reuniu durante o sábado 8 e o domingo 9 de novembro a centos de asistentes, profesionais e afeccionados. A cita, organizada pola Deputación da Coruña co apoio do Concello de Santiago, nace coa intención de consolidarse como un evento anual de referencia en Galicia, combinando espazos de divulgación, exposición e lecer.

A alcaldesa Goretti Sanmartín, acompañada polo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e o comisario do salón, Iago Gordillo, participou na inauguración oficial. A rexedora destacou a aposta institucional por “dar visibilidade a un sector que une creatividade, tecnoloxía e lingua galega”, mentres que Regueira subliñou o potencial cultural e económico dos videoxogos no contexto galego e estatal.

O evento reuniu máis de cincuenta proxectos desenvolvidos en Galicia, ademais dun espazo profesional centrado na tradución, localización e educación en torno ao videoxogo. Tamén acolleu o I Certame de Videoxogos en Galego da Deputación da Coruña, no que resultaron premiados Numbra (DigiPen Europe-Bilbao), Cartas á Lúa (Mail to the Moon), de Michiños Fofiños, e Basureros: Invasion, de Javs Game Studios.

O domingo, última xornada, conta cunha programación orientada ao debate e á creación de contidos galegos. Os encontros ‘Videoxogos na educación’, ‘Selo galego do videoxogo’ e ‘Modelando Galiza’ abriron a mañá, seguidos dun programa de charlas técnicas sobre música e deseño, como ‘Videoxogos na música mainstream con Filloas’ e ‘Gaming: non é un xogo, é moi serio’. Pola tarde, o público poderá asistir ao Podcast en directo: Exército Mekemeke, ao espectáculo Impro Gamer coas Reinas Malas e ao concurso musical Gamesong. Trivial Musical, que porá o peche entre risas e referencias sonoras a sagas clásicas.

Na zona interactiva, o público tivo acceso a xogos arcade e a exposición temporal do Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI), trasladada dende Cangas. O ambiente festivo completouse cun mercado de artesanía temática, espazos de desenvolvemento de proxectos en curso e torneos abertos de títulos como Street Fighter 6, Windjammers 2, Daytona USA ou Super Woden GP 2, este último desenvolvido en galego.

Segundo o comisario do salón, Iago Gordillo, a acollida superou as expectativas: “Nesta primeira edición xuntouse unha cifra récord de videoxogos galegos e un público moi diverso, dende estudantes até familias enteiras”. Entre os momentos máis emotivos destacou o concerto do músico Sebastià Pou, que reinterpretou en galego as cancións de Dragon Ball, serie que marcou xeracións enteiras de xogadores e xogadoras.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here