InicioCULTURAO premio do Auditorio de Galicia pecha o prazo de candidaturas o...

O premio do Auditorio de Galicia pecha o prazo de candidaturas o 5 de setembro

A convocatoria municipal busca apoiar a creación emerxente e premiará con 6.000, 3.000 e 2.000 euros as tres mellores propostas

Publicado o

Xornal de Compostela

O venres 5 de setembro de 2025 ás 23:59 conclúe o prazo para inscribirse na décimo cuarta edición do Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis, impulsado pola Concellaría de Capital Cultural co obxectivo de apoiar a creación emerxente, favorecer o talento galego e difundir a arte contemporánea no ámbito autonómico. A iniciativa está dirixida a persoas menores de 40 anos (até o 31 de decembro de 2025) nadas ou residentes en Galicia e cunha traxectoria aínda non consolidada; pódese participar en solitario ou en colectivo, sempre que todas as persoas cumpran os requisitos.

A convocatoria admite unha única proposta por participante, inédita e orixinal, en calquera técnica ou soporte: pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación, entre outras. O xurado, integrado por profesionais de prestixio no eido da arte contemporánea, seleccionará as finalistas e outorgará tres galardóns: primeiro premio de 6.000 euros, segundo de 3.000 euros e terceiro de 2.000 euros. Nesta edición forman parte do tribunal Susana Cendán Caaveiro (Universidade de Vigo, curadora independente), Rosendo Cid (artista, curador e escritor), Susana González (Fundación María José Jove) e Juan Luis Toboso Galindo (investigador, docente e curador), ademais dunha representación da Concellaría de Capital Cultural e doutra da dirección-xerencia do Auditorio de Galicia, que actuará como secretaría con voz e sen voto.

Entre os criterios de valoración figuran a innovación e a contribución á escena actual, a calidade artística, a claridade das explicacións e a coherencia do discurso conceptual, así como a viabilidade e adecuación aos recursos da institución. As obras finalistas integrarán unha exposición colectiva nas instalacións do ‘Auditorio de Galicia’ no último trimestre de 2025, e figurarán no catálogo da mostra.

A presentación de solicitudes realizarase exclusivamente pola sede electrónica do Auditorio de Galicia. Non se admitirán propostas fóra de prazo nin por outras vías. Para dúbidas ou información adicional están dispoñibles a web de Compostela Cultura, o correo exposicions@auditoriodegalicia.org e o teléfono 981 552 290.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here