InicioCULTURAA EOI e o IES de Sar presentarán un libro bilingüe de...

A EOI e o IES de Sar presentarán un libro bilingüe de historias breves

Un proxecto de colaboración entre a Escola Oficial de Idiomas e o centro educativo compostelán que reúne 50 relatos en 50 palabras con ilustracións de alumnos

Publicado o

Xornal de Compostela

Este xoves, 8 de maio, terá lugar a presentación do libro Fifty 50-Word Stories / 50 historias en 50 palabras’ no salón de actos do IES de Sar. A publicación, que forma parte dun proxecto de colaboración entre a Escola Oficial de Idiomas (EOI) e o propio IES de Sar, foi coordinada por Ana Losada e Baldo Ramos, vicedirectores de cada centro. A obra foi financiada pola Secretaría Xeral da Lingua e recolle 50 relatos escritos en inglés, exactamente en 50 palabras, por alumnado da EOI, acompañados de ilustracións feitas por estudantes de artes do IES de Sar e traducidos ao galego.

O libro presenta un proceso creativo no que os estudantes tiveron que “poda” as súas historias para que quedaran dentro das 50 palabras exactas. Como unha mostra do traballo realizado, a imaxe da cuberta do libro foi deseñada por Óscar Villán, recoñecido ilustrador galego e alumno da EOI, que ademais é autor dun dos textos. A cuberta, segundo os organizadores, é unha metáfora do proceso de creación: ao igual que un xardiñeiro coidando o seu bonsai, o alumnado fixo un esforzo por pulir as súas historias, asegurándose de que cada palabra tivese un propósito e valor.

A obra non destaca pola calidade dos relatos e ilustracións, senón tamén pola súa implicación na promoción do bilingüismo e a colaboración entre centros educativos. Os exemplares do libro serán entregados ao alumnado autor e ilustrador, e tamén estarán dispoñibles nas bibliotecas dos centros participantes. Ademais, o libro será enviado a outros centros e bibliotecas para favorecer a súa difusión e destacar o talento do alumnado.

Para máis detalles sobre o libro ou o proxecto, os interesados poden contactar coa EOI de Santiago de Compostela a través do correo electrónico eoi.santiago@edu.xunta.gal ou chamando ao número 690280115. Este proxecto está destinado a reforzar o vínculo entre a educación artística e linguística e contribuir ao fomento da lectura e da creación literaria en galego e inglés.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here