InicioCULTURAO IV Premio Ateneo Cineduca recoñece o talento audiovisual do alumnado galego

O IV Premio Ateneo Cineduca recoñece o talento audiovisual do alumnado galego

O certame, enmarcado na Mostra Internacional de Cine e Educación, premiará os gañadores nun acto o 2 de abril

Publicado o

Xornal de Compostela

O IV Premio Ateneo Cineduca, organizado polo Ateneo de Santiago, xa ten gañadores. O certame, que busca fomentar a creación audiovisual no ámbito educativo e promover a reflexión sobre a cidadanía e a educación a través do cine, contou nesta edición con nove traballos presentados por distintos centros galegos.

O fallo do xurado tivo lugar na sede do Ateneo de Santiago e a entrega de premios celebrarase o 2 de abril ás 19:00 horas no salón de actos da Rúa do Vilar, 19. O certame está vinculado á IV Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), que cada ano reúne propostas audiovisuais realizadas en contornos educativos.

O xurado do premio estivo composto por varias figuras vinculadas á educación e ao audiovisual: Miguel Zabalza, director de Cineduca e profesor emérito da USC; Francisco Candela, presidente do Ateneo de Santiago; José Manuel González Herrán, vicepresidente do Ateneo e profesor emérito da USC; Blanca Río, profesora do IES Rosalía de Castro; Fernando Redondo, profesor de Didáctica das Ciencias Sociais da USC; María del Carmen Montero Chacón, exdirectora do CEIP López Ferreiro, e Antón Porteiro, membro da directiva do Ateneo de Santiago.

O primeiro premio foi para a curtametraxe ‘Soños para levar. Unha historia chea de historias’, realizada polo CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas. O proxecto, titorizado polo profesor Santiago López Groba, implicou a todo o alumnado do centro, desde educación infantil ata primaria. A peza narra a historia dun neno apaixonado pola historia, que a través dos seus soños viaxa por distintas épocas da humanidade.

O segundo premio recaeu en ‘65 toneladas’, un documental do IES Poeta Añón de Outes que aborda a contaminación mariña e o traballo das mariscadoras da Confraría de Pescadores de Noia. Foi titorizado polas profesoras María Xosé Alfonso Torres e María del Carmen Pérez Fernández e desenvolvido por alumnado de 4º da ESO.

Ademais, o xurado concedeu unha mención especial á curtametraxe ‘El número 23’, do IES A Pinguela de Monforte, pola súa calidade fotográfica. Porén, este traballo non acadou a duración mínima establecida nas bases, que esixían entre 10 e 20 minutos.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago insiste en que a Xunta ignorou datos clave ao rexeitar a declaración de zona tensionada

O Concello de Santiago considera que a Xunta de Galicia ignorou deliberadamente os argumentos...

Allegue di que a alcaldesa de Santiago non presentou o “papelorio requirido” para declarar a zona tensionada

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asegurou este mércores...

A música tradicional volveu soar na Noite Velada de Ponte Ledesma

O campo do río de Ponte Ledesma, no concello de Boqueixón, converteuse de novo...

O PP acusa o goberno de Santiago de “incompetencia” pola perda da declaración de zona tensionada

A concelleira do Partido Popular en Santiago, María Baleato, acusou hoxe en rolda de...

O Festival C homenaxea a tradición oral galega co ciclo ‘Por que non cantades todas?’

O Festival C incorpora nesta edición unha nova proposta escénica centrada na tradición oral...

Melodiam, Slimak, Sara Gimeno e Lontras actúan esta semana no ciclo ‘Atardecer no Gaiás’

O ciclo 'Atardecer no Gaiás' continúa esta semana coa participación de catro propostas musicais...

O programa Apego leva contos, música e maxia ao parque de Bonaval durante todo agosto

Durante o mes de agosto, o parque de Bonaval converterase cada martes nun espazo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here