InicioCULTURAA AELG homenaxea a Rosalía de Castro no 188º aniversario do seu...

A AELG homenaxea a Rosalía de Castro no 188º aniversario do seu nacemento

O acto celebrouse no Panteón de Galegos Ilustres con lecturas, ofrenda floral e reivindicacións sociais

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrou este sábado en Santiago de Compostela un acto en memoria de Rosalía de Castro, coincidindo co 188º aniversario do seu nacemento. O evento tivo lugar no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de Santo Domingo de Bonaval, e incluíu unha lectura de poemas da autora, unha ofrenda floral e intervencións institucionais.

O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, abriu o acto destacando a vixencia da figura de Rosalía e relacionando a súa obra coa actualidade, facendo referencia a cuestións como o conflito en Gaza ou a oposición ao proxecto industrial de Altri en Palas de Rei.

A continuación, a escritora Marga do Val leu o manifesto da asociación, no que se reivindicou “o dereito a vivir en galego” e se fixo un chamamento a defender o idioma e o medio ambiente: “Saúde para impedir a destrución da terra que queremos, do país do mil ríos, e para berrar forte: Altri, Non!”.

Entre os asistentes á homenaxe estiveron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, o histórico político Xosé Manuel Beiras, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e a deputada do BNG Mercedes Queixas.

A conmemoración tamén contou con representacións musicais da Coral da Asociación Cultural e Musical Solfa, e culminou coa interpretación do himno galego.

FESTIVAL DE ROSALÍA

Paralelamente, a cidade acolle esta fin de semana a sétima edición do Festival de Rosalía, promovido pola Deputación da Coruña e o Concello de Santiago. A programación inclúe concertos, recitais, teatro e actividades culturais na praza de Mazarelos e noutros espazos da cidade.

A alcaldesa compostelá reivindicou a figura da poeta como “transgresora e vangardista” e asegurou que, de estar viva, “mobilizaríase pola lingua”.

Ademais, a Xunta de Galicia anunciou a coprodución dunha nova montaxe teatral sobre Rosalía, ‘Cartografía de ásperas ortigas’, que se estreará os días 27 e 28 de febreiro na localidade portuguesa de Castelo Branco, dentro das actividades conmemorativas do seu nacemento.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

Santiago abre o ciclo ‘Malestares’ para abordar os medos e incertezas da mocidade

A Concellería de Xuventude de Santiago e a Asociación Mulleres Andaina impulsan durante este...

Santiago coloca unha placa na casa natal de Alfredo Vicenti tras as peticións do Ateneo

O Concello de Santiago colocou este sábado unha placa conmemorativa na casa natal do...

A Banda Municipal de Santiago une música e ilustración nunha tempada con Kiko da Silva como colaborador

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela dedicará a súa tempada 2026-2027...