InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIO(VÍDEO) A botica que iluminou Santiago antes da electricidade… e que segue...

(VÍDEO) A botica que iluminou Santiago antes da electricidade… e que segue aberta!

Como unha pequena farmacia no corazón de Santiago pasou de fabricar medicamentos únicos a converterse nun símbolo histórico da cidade

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

Hai máis de 100 anos, milleiros de españois confiaban nunha farmacia de Santiago para tratar mareos, fatiga e incluso o estreñemento. Esa farmacia segue aberta no mesmo sitio: a Farmacia Bescansa, situada na emblemática Praza do Toural, en pleno corazón da cidade. Pero detrás das súas portas gárdase moito máis que medicamentos: esta botica foi testemuña de descubrimentos científicos, innovacións farmacéuticas e dunha historia que conectou Compostela co resto de España.

Exterior da Farmacia, no Cantón do Toural – Arquivo

Todo comezou con Antonio Casares Rodríguez, un home adiantado ao seu tempo. Nado en Monforte de Lemos en 1812, Casares foi químico, farmacéutico, médico e investigador. É considerado o pai da química moderna en Galicia e destacou en múltiples campos da ciencia. Entre os seus logros máis importantes está o feito de sintetizar cloroformo por primeira vez en España, facilitando así as primeiras anestesias cirúrxicas no país nunha época onde calquera operación era un tormento.

Pero o seu espírito innovador non quedou só no mundo da farmacia. En 1851, nun tempo no que a electricidade apenas se coñecía en Europa, Casares logrou iluminar por primeira vez a noite compostelá utilizando un arco voltaico. A cidade, acostumada á luz das candeas e os farois de aceite, quedou abraiada ante aquela primeira demostración do que sería a luz eléctrica. Unha auténtica revolución en plena Praza do Toural, moito antes de que a electricidade chegase ás rúas da cidade.

A farmacia foi pasando de xeración en xeración ata que, a principios do século XX, a familia Bescansa tomou as rendas do negocio e levou a súa influencia moito máis alá de Santiago. En 1917, Ricardo Bescansa Castilla fundou os Laboratorios Bescansa, un proxecto que levou a farmacia compostelá a converterse nunha referencia en toda España. Alí comezaron a fabricar produtos que marcaron época, como o Laxante Bescansa, que estivo presente en fogares de todo o país durante décadas, as pastillas Mareosán, ideais para evitar o malestar das viaxes, ou o Jarabe Riché, recomendado contra a fatiga e a debilidade.

Pero non só fabricaban produtos farmacéuticos. Pensando nos peregrinos que chegaban a Santiago, crearon a colonia Musgo de Compostela, un perfume especial que pretendía levar o arrecendo da cidade alá onde fosen os camiñantes. Estes produtos acadaron tanta popularidade que non só se vendían en Galicia, senón tamén noutras provincias e grandes cidades como Madrid e Valencia.

Musgo de Compostela – Mitapol

A medida que os tempos foron cambiando, tamén o fixeron os Laboratorios Bescansa, que seguen activos hoxe en día, pero xa non fabrican aqueles produtos históricos. Agora están situados no Polígono do Tambre e dedícanse á produción de cosmética e produtos farmacéuticos modernos, con marcas recoñecidas como Acnosan (para o tratamento do acné) e Glicermina (cremas protectoras de mans). Durante a pandemia da Covid-19, incluso participaron na fabricación de xel hidroalcólico para unha empresa estranxeira e agora preparan unha versión optimizada para a súa propia marca.

E a farmacia? Segue no seu lugar de sempre, na Praza do Toural, conservando toda a súa esencia histórica. O seu interior é como unha viaxe no tempo: alí aínda se poden ver os mobles centenarios e os clásicos albarelos, aqueles antigos recipientes de cerámica nos que os boticarios gardaban os seus remedios e fórmulas secretas. Cada estante, cada detalle do seu mobiliario, é testemuña de máis de 180 anos de historia farmacéutica en Santiago.

Os míticos Albarelos – Arquivo do Xornal de Compostela

A próxima vez que pases pola Praza do Toural, fixa a mirada nesta farmacia centenaria e pensa en todo o que viu e viviu dende 1843. Quizais mesmo che entren ganas de entrar e descubrir por ti mesmo este pequeno tesouro da historia compostelá. Sabías toda esta historia?

ÚLTIMAS

Louzao descarta que a saída dos edís socialistas expulsados se faga efectiva no pleno de marzo

A portavoz do Goberno municipal de Santiago, Míriam Louzao, descartou que a saída do grupo...

Sanmartín insta á Xunta a coordinar un comité de rutas para os aeroportos galegos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, instou este venres á Xunta de...

A Xunta convoca unha nova edición do Encontro de Artistas Novos na Cidade da Cultura

A Xunta de Galicia abre a convocatoria para unha nova edición do Encontro de...

Rueda comprométese a impulsar os proxectos da Xunta en Teo durante esta lexislatura

O presidente do Partido Popular de Galicia (PPdeG), Alfonso Rueda, comprometeuse este sábado a...

O Concello lanza unha campaña para erradicar unha planta invasora na zona do proxecto Ecobosque: a ‘tradescantia’ ou orella de gato

O Concello de Santiago puxo en marcha unha campaña para a eliminación da 'tradescantia', unha planta...

A Deputación da Coruña finaciará novas melloras na Vía Verde Compostela

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Oroso...

O Concello impón unha nova multa coercitiva ao Pazo dos Irlandeses por incumprimento de conservación

A Concellaría de Urbanismo de Santiago de Compostela impuxo unha segunda multa coercitiva á...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here