InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO PP de Santiago realiza unha visita nocturna á Catedral no marco...

O PP de Santiago realiza unha visita nocturna á Catedral no marco do programa cultural ‘CompArte’

O voceiro popular destaca o valor patrimonial e o papel da Catedral como motor cultural e económico da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O PP de Santiago desenvolveu na noite deste xoves unha visita nocturna á Catedral de Santiago, unha proposta enmarcada no programa cultural ‘CompArte’, co que a formación pretende abrir espazos para o diálogo e a participación arredor da vida cultural da cidade. Trátase dunha iniciativa que, segundo lembran desde o grupo municipal, xa ten incluído conferencias, proxeccións e encontros abertos ao público.

A actividade permitiu percorrer o templo en horario nocturno, ofrecendo unha mirada pouco habitual á súa arquitectura e a determinados espazos que non adoitan formar parte das visitas ordinarias. Ao longo do percorrido, o portavoz popular, Borja Verea, subliñou a impresión que lle produce este tipo de experiencia, apuntando que “a emoción profunda que produce contemplar a Catedral en silencio, coa serenidade da noite, e tomar conciencia de que este templo segue a inspirar á mesma xente que inspirou ao longo de séculos”.

Verea fixo fincapé na necesidade de protexer e proxectar o valor da Catedral para o futuro, afirmando que “a importancia de protexer e promover o valor do monumento pensando nas próximas xeracións”. Engadiu que “a Catedral de Santiago non é só o corazón espiritual de Europa, é tamén un motor cultural e económico. O que fagamos hoxe para coidala e difundila determinará como a vivirán os composteláns do futuro”.

O líder popular incidiu tamén en que “Santiago ten a responsabilidade e o privilexio de ser gardiá dun patrimonio único no mundo”, ao tempo que defendeu que a cidadanía compostelá “viva a Catedral non só como un símbolo universal, senón como un espazo de referencia para construír unha cidade máis viva, máis orgullosa de si mesma e máis aberta ao futuro”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here