InicioCULTURAAndrea Fernández Plata leva a gheada e o seseo máis alá de...

Andrea Fernández Plata leva a gheada e o seseo máis alá de Galicia

Andrea Fernández recolle na súa obra vivencias persoais acompañadas de numerosas costumes e supersticións que debuxan os seus recordos da súa infancia na Illa de Arousa, engadindo a gheada e o seseo característico da zona nunha publicación fóra de Galicia

Publicado o

Por Tania Zaref

Andrea Fernández Plata acudiu este pasado martes á Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela para falar sobre a súa obra titulada Jarroa, na que a Illa de Arousa, onde naceu a autora en 1985, é o eixo central.

Nesta obra Andrea Fernández busca construír unha illa á que poder voltar. Para isto, recolle moitas vivencias persoais acompañadas de numerosas costumes e supersticións do pobo que debuxan os seus recordos da súa infancia alí. Por exemplo, os enterros que se relatan son os que viviu a propia autora pola morte dos seus avós.

Unha figura moi importante é a da nai, que é a imaxe desta historia: a trenza que decora a cuberta do libro. Andrea Fernández defínea na seguinte cita: “A nai como espazo e como illa”. Esta trenza ten varias concepcións durante a trama, pois relaciónase coa corda que ata os barcos, que a autora usa para realizar unha metáfora sobre a protección maternal: “cando hai temporal non se debe tensar a corda porque o que fas é que batan contra as rochas, entón hai que  soltar un pouquiño“. Tamén sirve como símbolo do cordón umbilical, elemento que tamén se presenta nunha vivencia persoal de Andrea que recolle en Jarroa pola que encontra o seu cordón gardado nun caixón. 

Jarroa naceu como obxecto audiovisual. Aquí podemos ver a influencia dos seus estudos, pois formouse en Comunicación Audiovisual na Universidade Complutense de Madrid. Ademais, a autora recolleu moita información que despois plasmou na súa obra grazas a conversar coa xente maior que vive na illa. Ela expresa emocionada “Teño a necesidade de falar coa xente maior”.

Mario Blanco, quen liderou o encontro coa autora, quixo saber sobre a caída na romantización do rural que ten lugar en moitas obras galegas. Andrea Fernández tivo a resposta inmediatamente: “Eu non romantizo a vida no rural, porque eu sentín moita soidade. Grazas a estar un pouco illada, aprendín a ver. Así, Jarroa demostra de como cando paras a ver as cousas cambian”.

Raúl Salgueiro, do proxecto Avozes cultura, preguntou sobre a influencia da Residencia do Gaiás:

Jorra naceu durante a Residencia ou despois?

“Non, antes, pois foi o que presentei para a residencia. Durante estas dúas semanas estás con nove persoas máis e o que fas é perder o medo a expoñer en público o teu proxecto, pero ao final non tes tempo como para escribir.

Andrea Fernández fala con cariño e agradecida da súa editora Sabina, quen “Está namorada do que fai” e quen tratou Jarroa con coidado e dedicación. A autora expresa o seu agradecemento por non terse visto obrigada a cumprir uns prazos de entrega, pois: “Escribía por pracer, disfrutando, que creo que é de onde debe nacer todo“. 

Unha das participantes do encontro apunta que identifica a súa escritura como poesía narrada, ao que a autora engade: “non me interesa a acción, senón todo o que hai detrás“.

Algo que debemos remarcar do libro é a súa publicación nunha editorial que non é galega, Editorial Caballo de Troya. Isto é importante, pois en Jarroa plásmase a gheada e o seseo, rasgos dialectais propios desta zona xeográfica. Isto levou ás críticas respecto ao difícil entendemento de certos termos, ás que a autora respondeu facendo referencia á literatura hispanoamericana, a cal tampouco entendemos á perfección, xa que os contextos xeográficos e sociais son distintos.

Ao rematar o encontro na Facultade de Ciencias de Comunicacións, Andrea Fernández quixo agasallar aos seus oíntes cun selo máxico, unha flor con ollos, para protexer o libro.

Dedicatoria de Andrea Fernández a Raúl Salgueiro acompañada do selo máximo
Dedicatoria de Andrea Fernández a Raúl Salgueiro acompañada do selo máximo

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here