InicioCULTURAO Panteón de Galegos Ilustres acolle a conmemoración o 75 cabodano de...

O Panteón de Galegos Ilustres acolle a conmemoración o 75 cabodano de Castelao

Un acto plural e multitudinario destacou o legado do intelectual galeguista en San Domingos de Bonaval

Publicado o

Xornal de Compostela

O Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, acolleu este mediodía un acto cívico para conmemorar o 75 cabodano do falecemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha das figuras máis relevantes da historia contemporánea de Galicia. A celebración, organizada pola Fundación Castelao, o Consello da Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego, contou coa presenza de representantes de institucións como a Xunta de Galicia, o Parlamento galego, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, así como de numerosas entidades e cidadáns que quixeron render homenaxe a Castelao.

O presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, destacou na súa intervención que o intelectual rianxeiro foi un “persoeiro polifacético” que dedicou a súa obra a conectar co pobo galego. “Debuxou, escribiu e deu dignidade ás xentes de Galicia, converténdose nun dos seus símbolos máis queridos”, subliñou Seixas, engadindo que “celebrar a Castelao é tamén mellorarnos como persoas”.

A homenaxe incluíu unha ofrenda floral conxunta ante o sartego de Castelao, encabezada polos representantes das entidades organizadoras e diversas autoridades, entre as que se atopaban o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei; o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. A ofrenda contou coa participación da Asociación do Traxe Galego, que depositou un ramo de doce rosas brancas, simbolizando os meses do Ano Castelao, declarado pola Xunta de Galicia para 2025.

O acto, conducido pola poeta e patroa da Fundación Castelao Noelia Gómez, contou coa interpretación musical da soprano Beatriz Riobó Agulla, o frautista Fernando Raña Barreiro e a arpista Alba Barreiro Mariño. Entre as pezas interpretadas destacou a Foliada de Negreira, unha das favoritas de Castelao, e a emblemática canción Lela, vinculada á súa obra teatral Os vellos non deben de namorarse.

Ademais da música, as persoas asistentes foron agasalladas cunha lembranza especial de Bonaval e puideron degustar unha sopa elaborada por Lucía Freitas, inspirada na serie de debuxos humorísticos de Castelao, Cousas da vida.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here