InicioCULTURAAs mellores pizzas en Santiago e onde atopalas

As mellores pizzas en Santiago e onde atopalas

Unha pequena recomendación persoal das mellores pizzas que podemos atopar en Santiago, despois de tanto tempo degustándoas

Publicado o

Por Antonia Belén Sanhueza Oliva

A Pizza é un prato universalmente amado. É un básico, a resposta que nunca erra, cando se escolle unha opción para xantar; pero iso non o fai menos preciado. Dende as pizzas máis clásicas para aqueles que disfrutan ca sua selección habitual, ata os curiosos que non lles importa probar sabores novos nunha base xa coñecida, non podes negarte a este deleite.

Este prato ten os seus orixes en Nápoles nos séculos XVI-XVIII, polo menos a versión máis similar a que coñecemos actualmente, cunha base de tomate. Un dos ingredientes máis importantes na receta é o pan; que o podemos atopar en todalas culturas, máis similares unhas que outras, pero en esencia é o mesmo: pan. Tendo en conta isto, hai rexistros doutros pratos de pan plano cunha variedade de ingredientes enriba deles. Os primeiros en facer isto, no século VI a.C., foron os soldados Persas. Os guerreros do rei persa Darrío I o grande cociñaban nos seus escudos pan plano no que engadían queixo e dátiles.

Sempre podemos atopar un restaurante que o ten na carta, en calquera parte na que busquemos. Se buscades comer pizza en Santiago, en calquera motor de búsqueda, aparecerán moitos restaurantes que o ofrecen. Velaiqui unha pequena lista dalgunhas opcións recomendadas por min despois de tantas pizzas consumidas nesta cidade.

Se buscades unha opción máis rápida, a pizza al taglio é a mellor. A miña recomendación é La Fugazzetta na rúa Nova de Abaixo, 16. O nome do local fai referencia a variedade de pizza nada en Argentina: caracterízase por estar a masa rechea que queixo. A meirande parte dos ingredientes empregados no local son de orixe galego. Un detalle que se agradece moito é a opción de engadir salsas ou aceites picantes á pizza. As racións son moi grandes e saciantes, pero sempre acabo tendo ganas de máis polo ricas que están. Para os amantes do pistacho, comunícovos que a pizza de pesto con pistacho está moi, moi sabrosa, e podedes probala por 2.50 euros.

O que, no meu parecer, é o mellor restaurante italiano da cidade, L’incontro, ten tamén das mellores pizzas que podemos atopar. Encóntrase na rúa do Vilar, 52. Habitualmente esta cheo, e recomendo reservar mesa se non podedes esperar moito tempo. Na carta, podemos atopar todo tipo de pizzas de orixe italián, cun prezo medio de 11-13 euros. Algunhas como a Frutti di Mare, que levan marisco, costan un pouco máis (15.25 euros), pero considero que o sabrosa que é vale moito máis que o seu prezo. Cabe destacar que todolos ingredientes que emplean son 100% caseros, facendo que os sabores dos pratos sexan gratamente intensos.

Outra opción, que non é local, pero que foi galardoada internacionalmente, é o Grosso Napoletano. Según 50toppizza.it, esta cadea madrileña ten a mellor pizza artesá do mundo. Podemos atopala en Santiago na rúa da República de El Salvador, 28. Tamén teñen unha carta con recetas exclusivamente italianas. O precio da meirande parte das pizzas ronda os 14-15 euros.

Por último, se queredes aforrar, un clásico que existe dende 1983 é Pizza Rao, que por 13,95 podédes disfrutar dun menú que inclue bebida e postre. Se non, pódese degustar calquera das 57 opcións de pizza que ten o local.

ÚLTIMAS

Os edís expulsados do PSOE esixen a Sánchez que se revise o seu caso, pois foi asinado por Santos Cerdán

Os catro edís de Santiago expulsados do PSOE --Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta...

Arde unha vivenda na rúa Algalia de Abaixo durante a madrugada

Un incendio rexistrado na madrugada deste sábado activou todas as alarmas no centro histórico...

Blas García pide a Sánchez que convoque eleccións xerais para poñer fin a unha “situación política irrespirable”

O alcalde socialista de Ames, Blas García, manifestou publicamente o seu apoio a un...

Un fallo na matrícula deixa sen bonificación ao seu pago a estudantes da USC, pero Xunta e universidade rectifican

A Xunta chegou a un acordo coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para eludir un dos requisitos...

Comeza O Son do Camiño marcado pola polémica vinculación cos fondos de investimento proisraelí de KKR

Hoxe, 13 de xuño, arrinca en Santiago de Compostela unha nova edición do Son...

Duki, Bryan Adams e Franz Ferdinand inauguran O Son do Camiño

A sexta edición do festival O Son do Camiño inaugurarase este xoves no xa...

Santiago celebra o Orgullo cun mes cheo de actividades culturais, educativas e reivindicativas

O Concello de Santiago de Compostela vén de anunciar unha nova campaña institucional centrada...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here