InicioCULTURASantiago acolle a primeira edición do festival de maxia 'Encantos en Compostela'

Santiago acolle a primeira edición do festival de maxia ‘Encantos en Compostela’

O evento ofrecerá máis de 20 actividades gratuítas entre o 18 e o 20 de outubro en parroquias e espazos diversos da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela organiza a primeira edición de ‘Encantos en Compostela‘, un festival de maxia que terá lugar entre os días 18 e 20 de outubro e ofrecerá máis de 20 actividades gratuítas. O obxectivo é achegar o ilusionismo a todos os recunchos do municipio, incluíndo diversas parroquias rurais e espazos do centro urbano.

O festival contará coa participación de recoñecidos magos, entre eles Xulio Merino, O Mago Paco, Sara Rodríguez e Óscar Fernández, que levarán a cabo espectáculos e obradoiros para público de todas as idades, con sesións tanto de mañá como de tarde e noite. Os espectáculos, de carácter familiar e participativo, abranguerán dende pases solidarios en residencias de maiores e hospitais, ata sesións de maxia de preto para adultos en pequenos grupos.

Os organizadores, a compañía Magia en la Manga, destacaron a importancia de levar a maxia a todos os recunchos da bisbarra, co fin de facer accesible esta arte a públicos diversos. As actividades chegarán a parroquias como San Lázaro, Laraño, Busto, Lavacolla, O Romaño, San Lourenzo, Marrozos, Conxo e Carballal, amais de espazos urbanos, centros socioculturais e locais comerciais que colaboran co evento.

Toda a información sobre o festival, incluíndo o programa completo e a posibilidade de reservar praza para as actividades de maxia de preto, está dispoñible na páxina web oficial encantosencompostela.com.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here