InicioOPINIÓNVirxe da cerca: pensar antes de falar

OPINIÓN

Virxe da cerca: pensar antes de falar

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

Virxe da Cerca ou barbarie. Virxe da Cerca ou devastación. Virxe da Cerca ou… a lóxica. Nestas últimas semanas, a posible e futurible reforma da Virxe da Cerca, arteria principal de Santiago de Compostela, estivo no debate público. O (des)goberno local xa amosou, hai un par de semanas, nun debate co edil Adrián Villa a descordinación a respecto das ideas para esta rúa: Xan Duro e Iago Lestegás non estaban de acordo. Si, entre oito de vinte e cinco, non estaban de acordo de cara a fóra —que pasará cara a dentro?—.

En política, os tempos son importantes. Tamén as reflexións, ser oportuno no foco, sinalar o problema. Borja Verea, voceiro dos populares na capital, fixo pleno ao quince. Como podemos falar de reformar esa rúa, de restrinxir o tráfico, se carecemos dun transporte público digno, de calidade e con frecuencias? Atinando aínda máis, vai ser antes a reforma da rúa ou a licitación do transporte? Imos seguir con estas frecuencias? Vaise vertebrar de verdade a cidade?

“Gol en las gaunas”. Sanmartín carece de maiorías para aprobar nada sen pactar e a transparencia, o diálogo e a concordia foron palabras bonitas que quedaron en tempos pasados. Antes do 28 de maio de 2023, por ofrecer data concreta. Pero non só coa oposición, senón que tamén cos comerciantes, afectados e damnificados desa actuación, que se enteraron das intencións do bipartito a través da prensa. Curioso ese diálogo, non si? Podería ser unha anécdota, mais a realidade é que o BNG opta pola política do ‘rodillo’ antes que pola da palabra.

No Corte Inglés e en Vigo van colgando as luces de Nadal e eu, coma un neno ilusionado, teño a miña propia carta aos Reis Magos. Non vou pedir milagres! Hoxe só pido que, antes de iniciar este proceso, decidan claramente que queren facer co transporte público. Só pido que dialoguen entre eles antes de tomar decisións. E, sobre todo, só pido que pensen na cidade antes que nos seus partidos.

Pensar nunha peatonalización da Virxe da Cerca sen pensar na reestruturación do transporte público é tomarlle o pelo á xente, facelo sen mellorar o servizo do taxi, tamén. E, sobre todo, falar de mobilidade peonil e facerse trampas ao solitario cando realmente van seguir existindo dous carrís, un tráfico en dobre dirección, con autobuses e vehículos. É momento de repensar, de tomar aire desde o (des)goberno local e de reconcibir os proxectos, de parar co concurso de ideas e de reestablecer os límites das propostas. Pola Praza de Abastos, con múltiples clientes que precisan achegarse co coche, polos negocios, que viven de cara á cidadanía, polo futuro da cidade, que quere abrirse paso. Niso estamos o resto. Goretti Sanmartín é benvida.

ÚLTIMAS

Oito feridos nun accidente múltiple en Santiago, entre eles varios alcaldes

Oito persoas resultaron feridas nun accidente múltiple con tres vehículos implicados en Santiago de...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

Sanmartín critica que a Xunta converta a reunión sobre o aparcadoiro do CHUS nun “acto público”

A Comisión de Seguimento para a construción do novo aparcadoiro do Complexo Hospitalario Universitario...

Un acusado dunha agresión en Santiago sostén que a pelexa comezou por un roubo de droga

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña celebrou este venres o xuízo contra...

Que ten Rueda que sempre vota (actúa) en contra de axudar á Galiza?

"Cantas mortes máis serán necesarias para darse conta de que xa foron demasiadas?". Bob...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here