InicioPOLÍTICAO BNG esixe a liberalización das peaxes da AP-9 entre Santiago e...

O BNG esixe a liberalización das peaxes da AP-9 entre Santiago e Padrón polas obras na N-550

Néstor Rego advirte que é a única solución viable para paliar os efectos das obras no Milladoiro

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG reclamou este venres ao Goberno central a liberalización das peaxes da AP-9 no tramo comprendido entre Santiago de Compostela e Padrón. O motivo desta demanda é a necesidade de garantir unha alternativa viable de circulación mentres se realizan as obras de humanización da N-550 ao seu paso polo Milladoiro, no concello de Ames.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, advertiu que “a única forma de ter unha alternativa adecuada e viable para garantir a circulación entre Santiago e Padrón en ambos os sentidos é a liberalización das peaxes”. Segundo explicou Rego, as obras na N-550 provocarán “graves prexuízos para o tráfico”, afectando a miles de vehículos, ata, como mínimo, finais de 2025.

Os nacionalistas xa anunciaron que rexistrarán iniciativas no Congreso e nos concellos afectados polas obras para que o Ministerio de Transportes adopte esta medida de carácter temporal. A liberación das peaxes permitiría desviar o tráfico pola AP-9, evitando os colapsos que se prevén na principal arteria de comunicación do Milladoiro durante o período das obras.

No acto de presentación desta demanda, ademais de Rego, participaron a deputada Iria Carreira e portavoces do BNG dos municipios máis afectados pola humanización da N-550, quen destacaron a urxencia de tomar medidas que minimicen o impacto destas obras sobre a circulación diaria.

ÚLTIMAS

Cáritas de Santiago atende a máis de 46.000 persoas en 2024, un 8% máis que o ano anterior

Cáritas Diocesana de Santiago destacou que atendeu a 46.512 persoas en 2024, un incremento...

Detidas 16 persoas pola estafa do “falso sicario” a usuarios de páxinas de citas

A Policía Nacional detivo 16 persoas no marco da 'Operación Bachata', entre elas dúas...

Germán Prieto lanza o seu novo disco ‘Destino’: unha viaxe musical entre a emoción e a técnica

O recoñecido guitarrista e compositor Germán Prieto presenta o seu esperado novo álbum 'Destino'...

O centro de saúde de Conxo renóvase para estar listo a comezos de 2026

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou este mércores as obras de rehabilitación...

O Concello xa estuda as alternativas para proceder ao pago das facturas derivados do gasto do bus urbano

Os servizos técnicos do Concello de Santiago xa avalían todas as opcións posibles para...

O PP denuncia actos de vandalismo na súa sede e reclama ao BNG que condene os feitos

O Partido Popular de Santiago de Compostela denunciou hoxe publicamente os actos de vandalismo...

O BNG defende un parque público de vivenda baseado no alugueiro como resposta á crise habitacional

O Bloque Nacionalista Galego presentará este martes en Santiago de Compostela as súas propostas...