InicioOPINIÓNCompostela non ten quen lle escriba

OPINIÓN

Compostela non ten quen lle escriba

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

Nestas semanas coñecemos unha nova que é, francamente, decepcionante: Santiago de Compostela perde gran parte das súas conexións internacionais a través do aeroporto de Lavacolla. Boloña, Bruxelas, Dublín, Memmingen, Milán-Bérgamo, Ámsterdam e Fráncfort deixarán de contar cun voo directo á nosa cidade, mentres que París, Xenebra, Basilea e Londres reducirán as súas frecuencias, manténdose intacta, tan só, a conexión de Vueling con Londres.

Estes feitos representan, de facto, o desmantelamento case total do aeroporto da capital de Galicia, unha realidade que non ha de quedar só nun simple titular de xornal. Non se nos debe esquecer que esta ladaíña completa na que se atopa Lavacolla desde a chegada ao goberno de Goretti Sanmartín ten consecuencias para o turismo, tal e como é coñecido por todos, mais tamén para outras cuestións, como o turismo de congresos, a chegada de estudantes e investigadores internacionais etc. É dicir, debilita o noso potencial en sectores tan relevantes como o I+D+I, un eixe que é fundamental para crear unha cidade mellor. Resulta sorprendente que, sendo Sanmartín unha das persoas que falou de apostar pola “innovación” e polo “turismo de calidade”, hoxe non tome ningunha acción que permita xa non ampliar as rutas —o cal sería desexable, tendo en conta a posición central da que goza a cidade en Galicia—, senón de procurar manter esas rutas.

Despois de algo máis dun ano do mandato (xa case vai un terzo fóra), o que observa calquera veciño ou veciña da capital galega é unha política de perfil, de anunciar grandes medidas que despois é incapaz de executar —limitándose a dicir que quere ser unha alcaldesa recordada por plantar árbores—. Unha alcaldesa dos balóns fóra, de facer que fago, de deixar que pase o tempo e dicir que as cousas son culpa dos gobernos anteriores, da Xunta, do Estado ou do Apóstolo, que non intercedeu por ela, pero nunca súa.

Estas actitudes só teñen unha conclusión: o deterioro e a perda das condicións da cidade. O seu (des)goberno en minoría ten múltiples tarefas pendentes e, coma neste caso, dependen en parte do seu interese e esforzo. Se Sanmartín e o BNG só apostan pola turismofobia, por botar as culpas a quen nos visita dos males da cidade —ela ha de ser alcaldesa para velas vir, porque para solucionar os problemas queda claro que non—, é evidente que as conexións, que os contactos se resinten e, polo tanto, tamén a proxección exterior de Compostela e do país. Agora, quen nos queira visitar desde Bruxelas, unha das capitais da UE —o resto xa non tiñan nin conexión—, deberá optar por unha viaxe con escalas, igual que desde a práctica totalidade de cidades europeas. Cómpre que Sanmartín deixe a un lado a súa visión cativa e isolacionista e aposte por seguir no camiño da internacionalización de Santiago de Compostela. Temos patrimonio, temos coñecemento e temos economía para ser un referente do noroeste!

ÚLTIMAS

Atribúen a drogodependentes os últimos roubos rexistrados en locais de Galeras ou Santa Marta

A Policía Nacional traballa coa hipótese de que drogodependentes estarían detrás dos últimos roubos ocorridos en...

Correos lanza a iniciativa ‘Doce causas, un Camiño’ para destacar proxectos sociais no Camiño de Santiago

Correos presentou este xoves a súa nova iniciativa, 'Doce causas, un Camiño', un proxecto...

A taxa turística de Santiago suma apoios de cara a súa implantación: podería ser unha realidade no 2025?

A segunda tenente de alcaldesa de Santiago, Míriam Louzao, e a profesora da USC, María José...

A exposición ‘Unha vida viquinga’ supera as 60.000 visitas no Museo Centro Gaiás

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude anunciou o éxito da exposición 'Unha vida...

A importância do tuteo

Você sabe a diferença entre tú e 'você'? Envio-lhe um pequeno exemplo que ilustrará muito...

Comparar para aprender

Terceira entrega de artigos adicados a comparar o que sucede na Galiza en diferentes...

Adeus e grazas

Redacto as derradeiras liñas para Xornal de Compostela. Xa fóra. Xa exento das normas....

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here