InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames organiza unha nova andaina saudable pola oitava etapa...

O Concello de Ames organiza unha nova andaina saudable pola oitava etapa do Camiño de Santiago

A ruta, que discorre desde Dodro ata A Picaraña, terá lugar o sábado 28 de setembro

Publicado o

Xornal de Compostela

A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde de Ames retoma o seu programa de andainas saudables cunha nova proposta para o vindeiro sábado, 28 de setembro. Os participantes percorrerán a oitava etapa do Camiño de Santiago desde o Barbanza, nun tramo de 15 quilómetros que se inicia no Lugar de Tallós, en Dodro, e conclúe na Picaraña.

Aquelas persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o xoves 26 de setembro ás 14:00 horas, completando o formulario dispoñible en liña. Para facilitar o traslado, haberá un servizo de autobuses con saída desde a praza do Concello en Bertamiráns ás 9:00 horas e desde a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:15 horas.

Este percorrido forma parte do Camiño de Santiago desde o Barbanza, ‘A orixe’, unha ruta de 120 quilómetros que parte do Faro de Corrubedo e percorre localidades costeiras da ría de Arousa, como Ribeira, Boiro e Rianxo, antes de unirse ao Camiño Portugués en Padrón. A andaina anterior, celebrada en xuño, completou o tramo entre Santa María de Leiro en Rianxo e o Lugar de Tallós, en Dodro.

Hai dispoñibles 70 prazas, e as persoas empadroadas en Ames terán prioridade de inscrición. Recoméndase levar roupa e calzado adecuados para a camiñada.

ÚLTIMAS

O PP propón axudas de ata 80 euros ao mes por fillo para financiar o transporte escolar nos centros concertados

O Partido Popular de Santiago incorporará ás súas propostas para as familias unha axuda...

Cascudas na comida dun paciente do Hospital Clínico de Santiago

A sección sindical de CCOO da área sanitaria de Santiago-Barbanza denunciou a presenza de...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here