InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames impulsa actividades pola Semana Europea da Mobilidade

O Concello de Ames impulsa actividades pola Semana Europea da Mobilidade

Andainas, xogos e unha marcha ciclista forman parte da programación do evento 'Espazo Público Compartido'

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames participa por sexto ano consecutivo na Semana Europea da Mobilidade, promovendo actividades que fomentan a mobilidade activa e sostible, o uso do transporte público e alternativas de transporte limpas. O lema desta edición é ‘Espazo Público Compartido‘, que busca concienciar sobre a necesidade de compartir o espazo urbano de forma eficiente e respectuosa co medio ambiente.

As actividades, que se desenvolverán entre os días 20 e 22 de setembro, inclúen unha marcha ciclista nocturna, xogos en bicicleta para nenos e unha andaina pola senda verde entre O Milladoiro e Bertamiráns. As persoas interesadas aínda están a tempo de inscribirse enviando un correo electrónico a mobilidade@concellodeames.gal.

A programación arranca o venres, 20 de setembro, cunha marcha ciclista nocturna que partirá ás 22:00 horas dende a praza do Concello. O percorrido, de oito quilómetros, está deseñado para ser accesible a toda a familia. A Policía Local recorda a importancia de usar casco, luces e chaleco reflector para garantir a seguridade dos participantes.

O sábado, 21 de setembro, celebrarase a actividade ‘Xogos en bici’, dirixida a nenos e nenas de entre catro e doce anos, de 17:00 a 20:00 horas no aparcadoiro de Agriños, en fronte da escola infantil do Milladoiro. Esa mesma noite, o DJ WANA ofrecerá unha sesión musical no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro a partir das 20:30 horas.

A xornada final será o domingo, 22 de setembro, cunha andaina pola senda verde entre O Milladoiro e Bertamiráns. A saída será ás 10:00 horas dende a igrexa de San Xosé, no Milladoiro. Para facilitar a participación, disporase dun servizo de autobús para trasladar aos veciños entre Bertamiráns e O Milladoiro ao finalizar a actividade.

A Semana Europea da Mobilidade, promovida pola Comisión Europea desde o ano 2002, ten como obxectivo animar ás cidades e vilas a adoptar hábitos de mobilidade máis sostibles e respectuosos co medio ambiente.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here