InicioSANTIAGOAMESMehdi Elnabaoui e Sandra Mosquera gañan a XXV Carreira Pedestre de Ames...

Mehdi Elnabaoui e Sandra Mosquera gañan a XXV Carreira Pedestre de Ames entre máis de 1.200 inscritos

A proba reuniu este domingo en Bertamiráns 1.203 atletas de diferentes idades, con Lucas Pena e Laura Saavedra como os corredores locais máis rápidos dos 10 quilómetros

Publicado o

Xornal de Compostela

A XXV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames celebrouse este domingo, 18 de outubro, en Bertamiráns coa participación de corredores de diferentes categorías e idades. A competición, integrada no XII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, rexistrou un total de 1.203 inscricións, das cales 521 corresponderon ás probas absoluta e sub18 e outras 682 ás categorías escolares.

A rúa Alcalde Lorenzo converteuse no punto de encontro dos participantes e do público, ao acoller tanto a saída como a chegada das distintas carreiras. O percorrido discorreu por Bertamiráns e a súa contorna, cunha distancia de 10 quilómetros para a categoría absoluta e circuítos adaptados ás idades dos atletas máis novos.

Na competición masculina de 10 quilómetros, Mehdi Elnabaoui, do Club de Atletismo Fent Camí Mislata, conseguiu a vitoria cun rexistro de 31:29. O segundo posto foi para o corredor amesán Lucas Pena Carracedo, da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, que cruzou a meta en 32:03, mentres que Salama Loutfi El Ghazali completou o podio cun tempo de 32:55.

Na clasificación feminina, Sandra Mosquera Losada, do Comesaña Sporting Club, impúxose cunha marca de 37:34. A atleta do Club Atletismo Santiago Patricie Viadel Turjanicová rematou segunda en 38:07, seguida de Soledad Leiro López, da SD Compostela Atletismo, que finalizou terceira cun rexistro de 38:34.

Ademais dos resultados xerais, a organización distinguiu os corredores empadroados en Ames que obtiveron os mellores tempos. Na categoría masculina, Lucas Pena Carracedo encabezou a clasificación local coa súa segunda posición absoluta. Tras el chegaron Pablo Díaz Oíza, do Club Triatlón Inforhouse Santiago, cun tempo de 33:52, e Carlos Fraga Adrio, da SD Compostela Atletismo, que completou o percorrido en 35:28.

Entre as mulleres do municipio, a primeira clasificada foi Laura Saavedra Delgado, do Club Deportivo Brión Hyupersa, que rematou a carreira en 42:44. A segunda posición correspondeu a Maica Viaño Nieto, cun rexistro de 45:34, mentres que Susana Nieto Pazos ocupou o terceiro posto cun tempo de 46:33.

Os dous vencedores locais recibiron tamén un vale de tres meses de acceso gratuíto ao ximnasio por parte de BeOne, empresa responsable da xestión do Centro Deportivo A Telleira de Bertamiráns.

A participación dos clubs da comarca de Santiago tamén quedou reflectida nos resultados colectivos. O Club Atletismo Sar conseguiu a primeira posición na clasificación por equipos, con 291 puntos, seguido da SD Compostela Atletismo, que acumulou 311.

O terceiro posto correspondeu ao Club Atletismo Fontes do Sar, con 1.127 puntos, mentres que o Noitebra FC ocupou a cuarta posición con 2.150. Os tres primeiros equipos recibiron un trofeo e os catro mellor clasificados obtiveron premios económicos de 250, 175, 100 e 75 euros, respectivamente.

A carreira contou tamén cunha proba específica para atletas sub18, que completaron un circuíto de 5,25 quilómetros. Na categoría masculina, o primeiro en chegar á meta foi Mauro Fuentes Sosa, do Club Atletismo Tambre, cun tempo de 16:56. Martí Miguens Solana, do Atletismo Obradoiro, terminou segundo en 17:15, e Javier López San José foi terceiro en 17:51.

Na competición feminina sub18, Icía Castro Fandiño, tamén do Club Atletismo Tambre, obtivo a primeira posición cun rexistro de 22:09. A clasificación facilitada pola organización sitúa a Lucía Ros González, do Club Triatlón Inforhouse Santiago, na segunda posición con 22:59, e a Carla Gil Leis, do mesmo club, na terceira con 22:11.

Unha parte importante da xornada estivo dedicada ás categorías escolares. En total, 682 nenos e nenas inscribíronse nas carreiras de pitufos, prebenxamíns, sub10, sub12, sub14 e sub16. Estas competicións desenvolveron os seus percorridos nas inmediacións da rúa Alcalde Lorenzo, onde se concentraron familiares e espectadores para seguir as probas.

Ao finalizar a actividade deportiva, celebrouse a entrega de premios no podio instalado na mesma rúa. Os tres primeiros clasificados de cada categoría masculina e feminina recibiron trofeos, mentres que os participantes de menor idade foron recoñecidos con medallas.

A organización estableceu tamén premios en metálico de 250, 200, 100 e 50 euros para os catro primeiros postos das clasificacións correspondentes, ademais dos recoñecementos específicos para os atletas locais e os clubs participantes.

UNHA PROBA INTEGRADA NO CIRCUÍTO PROVINCIAL

A edición deste ano foi organizada polo Concello de Ames, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, e contou coa participación dos clubs locais MillaRaio, Sar e Ames Atletismo. A carreira forma parte do XII Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña.

Para garantir o desenvolvemento das competicións, a Policía Local de Ames coordinou un dispositivo especial no que participaron a Agrupación de Protección Civil do municipio e o club ciclista Os Esfola Arrós. Pola súa banda, o control deportivo e a supervisión dos resultados corresponderon ao Comité de Xuíces da delegación de Santiago de Compostela da Federación Galega de Atletismo.

As clasificacións completas das diferentes categorías poden consultarse na plataforma oficial de resultados da XXV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide 12 anos de prisión para un home acusado de secuestrar e agredir a outro en Santiago por 20 euros

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela,...

Saleta Chao asumirá Facenda, Persoal, Contratación e Modernización no Concello de Santiago

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, confirmou este venres que Saleta Chao...

Pedro Blanco recolle en Vista Alegre as demandas veciñais sobre mobilidade, mantemento e servizos públicos

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, mantivo un...

Un piso de acollida en Santiago dá un respiro ás persoas migrantes fronte ao “racismo inmobiliario”

O Concello de Santiago asinou este xoves un convenio coa Escola de Tempo Libre...

A muller que apuñalou a un home en Ames en febreiro acepta tratar o seu consumo de drogas a cambio de non ir a...

A muller acusada de tentativa de homicidio por apuñalar un home en Bertamiráns, en...

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Gemma Arenas bate o récord mundial W45 e logra o bronce no Mundial de 100 quilómetros de Ames

Ames converteuse este domingo nun dos principais escenarios do atletismo internacional coa celebración do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here