InicioSANTIAGOAMESA Policía Nacional facilitará a renovación do DNI en Ames o 31...

A Policía Nacional facilitará a renovación do DNI en Ames o 31 de outubro

A veciñanza poderá solicitar cita previa para renovar ou expedir o DNI sen saír do concello

Publicado o

Xornal de Compostela

Un equipo da Policía Nacional desprazarase a Ames o próximo 31 de outubro co obxectivo de facilitar a renovación ou expedición do Documento Nacional de Identidade (DNIe) á veciñanza. O servizo estará dispoñible no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, de 9:00 a 12:30 horas, con 75 citas asignadas por orde de solicitude.

As persoas interesadas deben reservar cita previa enviando un correo a gabinete@concellodeames.gal ou chamando ao 881 074 730, achegando o seu nome, apelidos e teléfono de contacto. Este servizo permite que a veciñanza de Ames poida renovar ou expedir o DNI sen necesidade de desprazarse a Santiago de Compostela.

O custo de renovación do DNI é de 12 euros, que deberán abonarse en metálico. Para expedir un novo DNI, será necesario presentar o volante de empadroamento e unha partida de nacemento literal. A entrega dos novos DNIs realizarase o 5 de novembro, e as persoas deberán acudir presencialmente a ambas fases do proceso.

ÚLTIMAS

(VÍDEO) Para historia de terror, a que Compostela ten baixo terra en Boisaca

A historia imaxinada dá paso aos feitos documentados. Segundo os datos recollidos polo proxecto...

A néboa obriga a desviar ao aeroporto de Santiago un voo de Air Europa con destino á Coruña

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro recibiu na mañá deste sábado, 31 de outubro,...

O alcalde de Ames pide a dimisión do ministro de Transportes tras o accidente ferroviario de Urda

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, reclamou a dimisión do ministro de...

Santiago prevé iniciar en 2027 o reparto de mercadorías mediante a plataforma loxística da cidade histórica

O Concello de Santiago de Compostela prevé que a nova plataforma loxística de distribución...

O alcalde de Ames pide a dimisión do ministro de Transportes tras o accidente ferroviario de Urda

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, reclamou a dimisión do ministro de...

Detida unha veciña do Milladoiro por estafar presuntamente varias persoas co alugueiro dun piso que non podía subarrendar

A Garda Civil detivo unha muller residente no Milladoiro como presunta responsable dun delito...

O Pleno de Ames debaterá este xoves modificacións orzamentarias por máis de 1,75 millóns de euros

O Concello de Ames celebrará este xoves o pleno ordinario correspondente ao mes de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here